A pasada semana do 19 ao 23 de marzo, o Departamento de Lingua Castelá e Literatura levou a cabo un ano máis a saída didáctica a Almagro.
O alumnado asistente foi de 1º Bacharelato e os profesores acompañantes foron Beatriz Núñez, Juanra Torres e Denís Vicente.
As actividades realizadas foron as seguintes:
Luns, 19 de marzo: saída hacia Madrid e asistencia á representación da obra de teatro Corta el cable rojo no Pequeno Teatro Gran Vía.
Martes, 20 de marzo: visita ao Museo do Prado, ao casco histórico de Toledo, á sinagoga do Tránsito e á Catedral. Finalmente chegada a Almagro pola noite.
Mércores, 21 de marzo: asistencia á representación da obra de teatro El burlador de Sevilla, de Tirso de Molina, no corral de comedias de Almagro.
Visita guiada ao Parque Nacional Tablas de Daimiel