Skip to Content

Calidade Educativa

INFORMACIÓN SOBRE O ACCESO Á ARMADA

O mércores da semana pasada, día 4 de abril, e dirixida ao alumnado de 4º ESO, levouse a cabo unha charla informativa sobre o acceso á armada, organizada polo Departamento de Orientación.
 
No centro estivo persoal da comandancia naval de Vigo, para expor ao alumnado que remata estes estudos, as formas de acceso e as posibilidades de futuro que a armada lles ofrece tanto a nivel de formación académica como laboral.
 
A actividade tivo lugar no salón de actos do instituto, de 11:05 a 11:55, e foi impartida por Gonzalo Martínez, sarxento da comandancia de Vigo.
 
O profesorado implicado foi: Mónica, Toñi, María Traveso, Víctor Torreiro e Alfredo.

CAMPIONATO GALEGO RALLY MATEMÁTICO 2018

O pasado luns 9 de abril, o alumnado de 1ºESO A
 
Iria Álvarez Carrera, María Constenla Ferradas, Xoana Fidalgo Crespo, Sara Lomba Seves, Martha Martínez Rodríguez, Lara Rial Vicente, Iago Soler Lomba e Kimberly Trinidad Cividanes
 
acadaron o 3º posto no campionato galego de rally matemático 2018.
 
A competición tivo lugar en Santiago de Compostela dende as 08:20 ata as 18:30, e estiveron acompañados polo profesorado do Departamento de Matemáticas Laura Martínez Fernández e Carmen López Fernández.
 
Parabéns rapazada!
 
 

OBRADOIROS SOBRE EDUCACIÓN EMOCIONAL

Desde a semana pasada e ata a que vén, estaranse realizando uns obradoiros sobre educación emocional, organizados pola dirección do centro e o Departamento de Orientación.
 
Dirixidos ao alumnado de 2ºESO e levados a cabo en horas de titoría, están sendo impartidos por Karina Alonso, da asociación colaboradora ADABAS.
 
Estes obradoiros, de dúas sesións por grupo, teñen como obxectivo ensinarlles a recoñecer a manexar de maneira positiva as súas emocións.
 
 
 

VIAXE A ANDORRA

O Departamento de Educación Física levou a cabo un ano máis a viaxe a Andorra. Nesta ocasión tivo lugar dende o sábado 17 de marzo ao 24.

O alumnado asistente foi de 3º e 4º ESO. Durante eses días que estiveron en Ordino (Andorra) recibiron clases de esquí, dende o luns 19 ao venres 23. Tamén visitaron o Centro Termal Caldea.

O martes e o mércores non puideron esquiar axeitadamente debido ás condicións meteorolóxicas. O profesorado acompañante foi María Traveso, Susana Salvador e Amalio Verd.

 

 

 

 

Documento gráfico da espectacular nevada que non lles permitiu esquiar o martes e o mércores:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut