Skip to Content

Dinamización TIC

Plan dixital

Plan dixital

Na ligazón que aparece abaixo pódese consultar o Plan dixital do IES A Sangriña, cuxa actualización foi aprobada no Consello Escolar con data de 13-11-2023.

O Plan dixital de centro é un documento a través do cal os centros analizan a súa realidade en relación ao uso das tecnoloxías dixitais e, a partir desta situación de partida,  definen un plan de actuación que incluirá os obxectivos a conseguir, as actuacións específicas para implementar este plan, a súa avaliación e difusión. O obxectivo final da posta en marcha do Plan dixital é mellorar o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e o uso das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe a través do desenvolvemento da competencia dixital do profesorado -tanto individual como colexiada- e da transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes.

Axuda TIC

Axuda TIC IES A Sangriña

No IES A Sangriña contamos cun espazo en Internet onde os e as docentes poden solicitar tanto a solución de problemas informáticos como axuda para a xestión da aula virtual do centro.

Para acceder a esta web, o profesorado só ten que ingresar no curso da aula virtual chamado  "ESPAZO PROFESORADO" e, dentro do mesmo, no apartado "PROBLEMAS INFORMÁTICOS E NO MOODLE". Aquí existen formularios predefinidos para:

  • Notificar incidencias informáticas.
  • Solicitar a creación de usuarios para novos alumnos na aula virtual.
  • Solicitar a creación de novos cursos na aula virtual.
  • Facer consultas relativas á aula virtual.

Para entrar no curso pulsa a seguinte ligazón: ESPAZO PROFESORADO

Conferencia: navega con rumbo polo ciberespacio

tic

O luns, 15 de novembro, Carlos Lorenzo impartiu unha conferencia sobre internet e recomendacións e precaucións que o alumnado debe ter, titulada Navega con rumbo polo ciberespacio. A conferencia estivo dirixida o alumnado de 1º ESO.

Manual "Emprego da instalación audiovisual nas aulas"

No seguinte enlace p podedes atopar un documento que vos indica como empregar o material audiovisual nas aulas.

Distribuir contido


by Dr. Radut