Skip to Content

A Sangriña participa nas Xornadas Erasmus+

17/10/2015 00:00
Etc/GMT+1

O pasado 17 de outubro celebrouse na EGAP de Santiago de Compostela unha xornada de difusión dos programas Erasmus+. O IES A Sangriña, seleccionado pola Xunta de Galicia como modelo de boas prácticas, foi invitado a compartir a súa experiencia nesa xornada.

A ponencia "Programas europeos nun centro educativo. Beneficios e oportunidades" foi impartida por Teresa Álvarez, coordinadora e representante do Equipo de Dinamización de Actividades Internacionais do IES A Sangriña.
Ao longo dunha hora, fíxose un repaso á historia das actividades e proxectos internacionais desde os seus inicios no ano 1992, ata agora. Presentáronse os programas actuais, o funcionamento interno do equipo e previsións de futuros proxectos.

A xornada foi inaugurada pola sesión plenaria sobre Erasmus+ a cargo de Beatriz Tourón, do SEPIE (Servicio Español para la Internacionalización de la Educación) e promotora dos programas europeos do IES A Sangriña desde os seus inicios.
Desde aquí o noso recoñecemento e agradecemento a Beatriz Tourón polo seu traballo, esforzo e entusiasmo ao longo de 22 anos de coordinación. Grazas por esta herdanza. Seguiremos aprendendo e traballando, aínda queda moito por andar.

  



event | by Dr. Radut