Skip to Content

Alumnado de ciclos realiza as prácticas na illa de Madeira

12/05/2014 21:00
21/06/2014 21:00
Etc/GMT+1

Oito alumnos e alumnas dos ciclos de Automoción, Administrativo e Informática están a realizar o segundo período de Formación en Centros de Traballo (seis semanas) na illa de Madeira, a través do Programa Internacional Leonardo Da Vinci.

As empresas e institucións que acolleron a este alumnado teñen un gran prestixio tanto a nivel local como estatal, e entre elas podemos citar o Reitorado da Universidade de Madeira, ZAGOPE (empresa de gran tamaño, de doce mil traballadores, dedicada a grandes obras civís), ou empresas do sector da automoción e da informática.

A mobilidade comenzou o 12 de maio e remata o 21 de xuño. 

O grupo de alumnos, acompañados polas profesoras Teresa Álvarez Rodríguez e Ana González Vuelta.

 

A residencia universitaria.
 
 
Unha das nosas alumnas, no seu centro de traballo.


event | by Dr. Radut