Skip to Content

Probas libres Ciclo Medio Electromecánica de Vehículos

(Orde
do 22 de xuño de 2012 pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos
dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de
ordenación xeral do sistema educativo - DOG do 3 de xullo de 20102)

Como
consecuencia da entrada en vigor dos novos títulos de Formación Profesional
establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
(LOE), en substitución dos establecidos pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro,
de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE), convócanse probas libres
de módulos profesionais dos ciclos formativos que se extinguen, co fin de lle
permitir finalizar os estudos e lograr a titulación ao alumnado que se vexa
afectado pola implantación das novas ensinanzas.

CONVOCATORIAS. Establécense dúas convocatorias:

  • 1ª CONVOCATORIA: no mes de setembro
    (2012)
    ,
    antes do comezo das actividades académicas.
  • 2ª CONVOCATORIA: no mes de xuño
    (2013)
    , coincidindo co remate das actividades lectivas.

MÓDULOS AVALIABLES:

  • Poderán ser obxecto de avaliación
    tódolos módulos profesionais dos ciclos formativos extinguidos, agás o de
    Formación en Centros de Traballo (FCT) (De ser este o caso, solicitar
    información no Centro sobre o disposto na citada Orde do 22 de xuño de
    2012)

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Nas secretarías dos centros públicos
    que ofrecesen as correspondentes ensinanzas no momento da súa extinción e
    no que o alumno ou alumna estivese matriculado. Os impresos recóllense na
    Secretaría do Centro.

PRAZOS DE MATRÍCULA:

  • 1ª CONVOCATORIA: do 10 ao 20 de
    xullo de 2012
    .
  • 2ª CONVOCATORIA: do 10 ao 20 de
    maio de 2013
    .

LUGAR DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS:

  • NO IES A SANGRIÑA, segundo o
    calendario que estableza o Departamento de Automoción.
  • As probas axustaranse aos currículos
    dos ciclos formativos que se extinguen.
  • Outras cuestións relativas a
    estrutura da proba, cualificacións, validación de módulos profesionais,
    reclamacións ás cualificacións, módulo de FCT e calquera outro aspecto non
    contemplado neste resumo informativo, dirixirse á Secretaría do Centro,
    Dirección ou Departamento de Automoción.


story | by Dr. Radut