O pasado venres 11 de febreiro puidemos levar a cabo a charla "O acoso escolar a través das novas tecnoloxías", impartida pola Garda Civil, e organizada dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas. Os obxectivos que se pretenden acadar coas actuacións recollidas no Plan Director son todos aqueles que procuran dar respostas coordinadas e eficaces a todas as cuestións relacionadas coa seguridade do alumnado nos centros educativos e os seus arredores, os que fortalecen a cooperación policial coas autoridades educativas, os que pretenden mellorar o coñecemento que a poboación escolar posúe sobre os recursos policiais ou os que fomentan nos rapaces o respecto polos dereitos fundamentais.