Skip to Content

ACTIVIDADE DE PIRAGÜISMO

O pasado venres 25 de maio, o Departamento de Educación Física realizou unha actividade de piragüismo co alumnado de 2º ESO.
 
Desde as 09:10 ata as 14:00, os profesores Amalio, Menchu, Ínsua e Susana acompañaron aos 49 alumnos e alumnas durante o percorrido en piragua, comezando en Eiras e rematando nas Aceñas, a través do río Tamuxe.
 
O día non foi moi soleado pero non fixo vento nin frío, polo que tiveron unha boa xornada de deporte.
 
 
 


story | by Dr. Radut