Skip to Content

Homenaxe a Gloria Fuertes

09/05/2017 09:10
Etc/GMT+1
Este ano celébrase o centenario do nacemento de Gloria Fuertes, e desde o noso centro quixemos sumarnos á homenaxe que se lle debe a esta gran poeta das letras españolas cun pequeno e impecable recital a cargo do alumnado de 4° de Primaria do colexio A Sangriña para un público moi antento e entregado, conformado polo alumnado de 2° de ESO.
Ademais, para dar peche ao proxecto de Contos do mundo, léronnos un conto tradicional chinés empregando o kamishibai, unha sorte de teatro para láminas, láminas que neste caso confeccionou o propio alumnado de primaria.
Velaquí algunhas imaxes do acto.


event | by Dr. Radut