Skip to Content

Proxecto Corpo: Nadal en familia

30/11/2016 10:00
Etc/GMT+1
O pasado mércores 30 de novembro celebrouse nas instalacións da Residencia Monte Tecla unha xuntanza de máis de 80 persoas para realizar un taller creativo de manualidades. Con tan só porexpán, la e cartolinas, mans infantís, adolescentes, adultas e anciás crearon xuntas unha árbore de Nadal.
 
Coma sempre, participaron usuarias e usuarios do CEE San Xerome Emiliani, da Asociación Avelaína e da Residencia Monte Tecla, alumnado do CEIP e IES A Sangriña, constituíndo un abano de persoas de entre 5 e 80 anos de idade. En tan só 90 minutos, cada cal coa súa función e responsabilidade, confeccionaron unha árbore única e decorativa acorde á diversidade e xenialidade dos seus autores. Parabéns!
 


event | by Dr. Radut