Skip to Content

Actividades do Departamento de Automoción

No mes de xaneiro, na semana do 16, os alumnos de segundo curso de ElectromecÁnica e Carrozaría asistiron durante catro días ao Reino Unido, ás cidades de Londres e Birmingham, lugar onde tivo lugar a celebración do salón do automóbil "Motorsport Birmingham".

Nesta viaxe, os alumnos puideron visitar durante tres días a cidade de Londres, e gozar dos innumerables museos e das zonas turísticas máis bonitas da cidade. O sábado 16 visitaron o salón Motorsport Birmingham, salón moi importante do automóbil, onde puideron ver a infinidade de vehículos de competición que alí se amosaban, así como dos postos dos fabricantes máis importantes do mundo de motores e caixas de cambios.

 

No mes de marzo, os alumnos de Carrozaría e Electromecánica de vehículos tiveron a oportunidade de desmontar na súa totalidade un Seat Panda e preparalo para poder ir a unha expedición humanitaria de 9 días de duración ao deserto de Marrocos. Nesta actividade, os alumnos de Automoción do IES A Sangriña adaptaron o vehículo para poder afrontar as diversas etapas que trtanscorrían polo deserto de Rachidia (zona próxima a Arxelia de extrema pobreza en Marrocos). Nesta expedición, dous profesores do Departamento de Automoción, Domingo Caldevilla e Luis Carballido, partiron desde o IES A Sangriña o venres 4 e desprazáronse a Madrid, onde o sábado 5 se uniron a unha caravana de máis de 200 Seat Panda con rumbo a Marrocos, onde levaban material escolar e roupa para a asociación Camino al Sur; en total reuníronse máis de 2000 kg de material que será xestionado e repartido pola asociación entre os colexios da comarca de Rachidia.
O equipo formado por Domingo Caldevilla e Luis Carballido pasou por innumerables vicisitudes debido á dureza da travesía rematando o Panda Raid o venres e voltando a Guarda nunha travesía de máis de 1700 kms nunha soa etapa. Un total de 6000 kms en nove días que o coche fabricado polos alumnos de automoción superou con creces, feito que constata a boa formación dos alumnos e o grande interese e motivación co que contan.

 

 

 

 



story | by Dr. Radut