Events
O xoves da semana pasada, primeiro día de febreiro, o alumnado de 1º ESO B e C e os de portugués de 1º Bacharelato pasaron unha estupenda xornada en Braga.
A actividade foi organizada polos departamentos de relixión e portugués, e consistiu en visitar o Santuario do Bom Jesús, o casco antigo da cidade, a Catedral e o estadio do Sporting de Braga. Rematouse con comida no Bragaparque antes de voltar a casa.
O profesorado acompañante foi: Susana Vázquez, María Rodríguez Velasco e Alberto Viso.
O pasado luns 5 de febreiro, o departamento de Lingua e Literatura Galega organizou no salón de actos a presentación do libro O segredo da casa de Formoso, do escritor Héctor Cajaraville. O acto estivo dirixido para o alumnado de 3º e 4º ESO, e foi presentado pola alumna Dafne Piñeiro.
Este escritor compostelán, xornalista de profesión, entrou na literatura galega pola porta grande coa súa novela De remate, coa que gañou o premio Xerais no 2015. Desde entón publicou en moi poucos meses seis novelas, que tamén recibiron premios literarios e o que é máis importante, unha moi boa acollida dos lectores e lectoras:
➢ Quen dá a quenda?, finalista no Premio Merlín de Literatura Infantil 2015.
➢ A caixiña dos rancores, premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2015.
➢ Once portas, premio Ánxel Fole de Novela Curta 2016.
➢ Denébola a Roxa, premio Meiga Moira de Novela Infantil e Xuvenil 2016.
O segredo da casa de Formoso, publicouse en abril de 2017 na colección Oqueleo de Obradoiro-Santillana. O autor falounos das ideas e experiencias persoais que inspiraron esa obra e tamén do seu proceso de creación.
Avísase a todo o alumnado da ESA que as clases do 2º cuadrimestre (ESA IV) comezan o próximo luns día 5 de febreiro ás 19:00.
O venres da semana pasada, día 9, o alumnado de 1º Bacharelato A e 2º Bacharelato A e B (só o alumnado que cursa a materia de Física e Química) tivo a sorte de asistir á charla Que ten que ver a química con nós? Produtos naturais, fármacos, plásticos, biotecnoloxía, ecoloxía, nanotecnoloxía... que foi dirixida por Ricardo Riguera Vega e organizada en conxunto polo departamento de Física e Química e o de Orientación.
O profesor da Universidade de Santiago de Compostela Ricardo Riguera é tamén investigador no Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares. Na actualidade a súa investigación está dirixida hacia a aplicación biomédica.
A actividade realizouse durante a cuarta hora da mañá no salón de actos do IES A Sangriña.
Este venres, día 9 de febreiro celebrarase un Concurso de disfraces no pavillón de deportes, durante as dúas últimas horas de clase (12:20 - 14:00). O alumnado dos grupos participantes empezarase a vestir nas súas aulas, acompañado polo profesor ou profesora co que teña clase. Ás 12:50 baixarán ao pavillón de deportes ao concurso de comparsas acompañados polo profesorado que lles imparta clase nesas horas lectivas. Alí, un xurado formado polos distintos membros da comunidade educativa determinará quen son os gañadores do concurso.
O alumnado de 2º Bacharelato non participará no concurso por razóns académicas.
A festa de Entroido remata ás 14:00 horas.
O pasado martes 20 de febreiro o Departamento de Orientación organizou unha presentación das probas de acceso á Universidade (ABAU), dirixida ao alumnado de 2º Bacharelato. Neste acto explicáronse detalladamente as convocatorias, o procedemento de matrícula, o calendario e tamén a estrutura de ditas probas.
A actividade estivo dirixida por Antonio Fernández, profesor da Universidade de Vigo e presidente da CIUG.
O Departamento de Tecnoloxía organizou unha viaxe a Toulouse (Francia)
e á Cité de l'espace que tivo lugar dende o
xoves 22 de febreiro ata o domingo 25.
Nesta actividade participou o alumnado de 2º ESO (33 alumnos e alumnas
do centro + tres invitadas: Ana, Mariña e Aixa). O profesorado acompañante foi
Rosalina Domínguez Muíños, Pablo Varela Pardo e Javier Villaverde Vayá.
O xoves 22 de febreiro de madrugada sairon en autobús dende A Guarda
para chegar aos apartamentos en Toulouse cara as 22:30 da noite.

Hoxe 24 de febreiro celebramos en toda Galicia o Día de Rosalía, e para honrar e homenaxear á nosa poeta nacional, a máis célebre escritora en lingua galega, o equipo da Biblioteca, o de Normalización Lingüística e a Comisión de Igualdade prepararon onte, venres día 23 unhas actividades.
Temos a sorte, todas as galegas e galegos, de termos unha muller como nai da nosa literatura e como figura central da nosa cultura, a nosa referente no mundo, a que nos visibiliza e nos fai entrar no canon da literatura, da cultura e do feminismo universal.
Así, para lembrar o seu pensamento e a súa figura, onte durante os dous recreos repartíronse flores e libros en lingua galega, cedidos pola Universidade de Vigo, para todas as persoas que se quixeron achegar e participar. Ademais, ambientouse o espazo con poemas musicados da nosa poeta, para contribuír a visibilizar a música en galego e a actualidade do pensamento rosaliano.
Despois, no segundo recreo na entrada do instituto leuse o manifesto elaborado nesta ocasión pola poeta María Reimóndez. As persoas encargadas desta lectura foron todas voluntarias do Equipo de Normalización Lingüística.
Finalmente, no panel e no expositor de libros da Biblioteca destacáronse as súas obras máis destacadas, así como a súa biografía e contribución á construción do país.
Todas as actividades desta xornada foron organizadas conxuntamente pola Biblioteca, o Equipo de Normalización Lingüística e a Comisión de Igualdade.
O Departamento de Tecnoloxía organizou unha viaxe a Toulouse (Francia)
e á Cité de l'espace que tivo lugar dende o
xoves 22 de febreiro ata o domingo 25.
Nesta actividade participou o alumnado de 2º ESO (33 alumnos e alumnas
do centro + tres invitadas: Ana, Mariña e Aixa). O profesorado acompañante foi
Rosalina Domínguez Muíños, Pablo Varela Pardo e Javier Villaverde Vayá.
O xoves 22 de febreiro de madrugada sairon en autobús dende A Guarda
para chegar aos apartamentos en Toulouse cara as 22:30 da noite.
O Departamento de Tecnoloxía organizou unha viaxe a Toulouse (Francia)
e á Cité de l'espace que tivo lugar dende o
xoves 22 de febreiro ata o domingo 25.
Nesta actividade participou o alumnado de 2º ESO (33 alumnos e alumnas
do centro + tres invitadas: Ana, Mariña e Aixa). O profesorado acompañante foi
Rosalina Domínguez Muíños, Pablo Varela Pardo e Javier Villaverde Vayá.
O xoves 22 de febreiro de madrugada sairon en autobús dende A Guarda
para chegar aos apartamentos en Toulouse cara as 22:30 da noite.
O pasado venres 2 de marzo o Departamento de Filosofía e de Orientación organizaron unha charla sobre a argumentación lóxica e a retórica.
Estivo enfocada para o alumnado de 1º e 2º Bacharelato (o que cursa a materia de Historia da Filosofía), dirixida un ano máis polo profesor da USC José Miguel Sagüillo Fernández-Vega e realizouse durante a penúltima hora da mañá.
Nesta charla o profesor Sagüillo falounos sobre a filosofía da ciencia e as probabilidades, entre outros temas. O obxectivo era tratar esta parte da materia dun xeito máis sinxelo e ameno para o alumnado, falar da argumentación lóxica a través de exemplos moi prácticos que os fixera razoar.
O profesorado implicado foi Borja Santamarta, Toñi, Alberto Viso, Lucía García e Rosa Goberna.