Skip to Content

Events

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Novembro 24, 2017
Start: 24/11/2017 12:20

Un ano máis, desde o centro San Xerome queren contribuír á integración do alumnado dos nosos centros coa segunda edición do concurso de contros RELATEA. A intención é que esta actividade forme parte dun proxecto máis ambicioso en torno á integración e á linguaxe. Este vai ser un primeiro paso que se completará cunhas charlas e talleres de escritura fácil impartidos polos docentes de San Xerome.

Queremos agradecer ao profesorado de San Xerome esta iniciativa outro ano máis.

Animádevos a participar deixando os vosos contos na caixa da bilbioteca. 

cartel concurso Relatea 

Bases do concurso RELATEA

 

  • Os relatos terán una extensión máxima dunha cara.
  • A temática será libre. 
  • A linguaxe debe ser sinxela e de fácil comprensión. 
  • Os relatos deberán ter título. 
  • O participante debe estar identificado especificando nome, apelidos e curso. 
  • O lugar de entrega será unha caixa situada na Biblioteca para tal fin. 
  • A duración será todo o curso escolar, sendo o 18 de maio a data tope para a súa entrega. 
  • A finais de maio daranse a coñecer os gañadores que serán convocados para recoller un agasallo.

 

Xoves Novembro 30, 2017
Start: 30/11/2017 19:30

Convócase á Sesión Extraordinaria do Consello Escolar que se celebrará o xoves 30 de novembro de 19:30 a 20:30 h, na biblioteca do centro.

Venres Decembro 01, 2017
Start: 01/12/2017 08:00
End: 01/12/2017 17:00

Este venres 1 de decembro, volvemos colaborar con Conrazones na recollida de alimentos que se levará a cabo de 8 a 9h e de 16 a 17h. Agora, os alimentos que urxen son leite, conservas (atún , sardiñas, paté etc.), aceite, cacao e derivados e alimentos propios do Nadal.

Lembrade traer a vosa achega solidaria este venres!

Start: 01/12/2017 12:00
End: 01/12/2017 12:20
Convócase a todo o profesorado do centro á sesión extraordinaria do Claustro do Profesorado que terá lugar o venres 1 de decembro no salón de actos de 12:00 a 12:20 h.
Distribuir contido


by Dr. Radut