Events
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
17
| 18
Start: 18/04/2017 08:20
As II Xornadas de Automoción do noso centro terán lugar os días 18 e 19 do vindeiro mes de abril. Nelas, o alumnado recibirá dous cursos de relevante importancia para o seu traballo. Na mañá do día 18 impartirase un curso de primeiros auxilios, reanimación e actuación en caso de accidente de traballo. Pola tarde, o GES da Guarda impartirá nas súas instalacións un curso contra incendios onde o alumnado practicará a extinción dos distintos lumes que se poden atopar nun taller de automoción. Ademais, farán unha práctica de excarceración de coche coa finalidade de sensibilizar ao alumnado sobre a siniestralidade nas estradas. O mércores 19, no salón de actos, terá lugar unha charla de rehabilitación de motos, unha xornada aberta sobre o mundo da competición, e as saídas laborais que ofrece o ámbito da automoción. Tamén se fará a inaguración da primeira taquilla de bicis de Galicia: o noso centro é pioneiro neste tipo de actividades de fomento do vehículo do futuro, a bicicleta. Lembremos, ademais, que o día 19 é o Día Mundial da Bicicleta. Para o fomento deste vehículo ecolóxico e saudable pídese a participación dos demais Departamentos, co obxectivo de deseñar actividades conxuntas que fomenten o seu uso. | 19
Start: 18/04/2017 08:20
End: 19/04/2017 21:00
As II Xornadas de Automoción do noso centro terán lugar os días 18 e 19 do vindeiro mes de abril. Nelas, o alumnado recibirá dous cursos de relevante importancia para o seu traballo. Na mañá do día 18 impartirase un curso de primeiros auxilios, reanimación e actuación en caso de accidente de traballo. Pola tarde, o GES da Guarda impartirá nas súas instalacións un curso contra incendios onde o alumnado practicará a extinción dos distintos lumes que se poden atopar nun taller de automoción. Ademais, farán unha práctica de excarceración de coche coa finalidade de sensibilizar ao alumnado sobre a siniestralidade nas estradas. O mércores 19, no salón de actos, terá lugar unha charla de rehabilitación de motos, unha xornada aberta sobre o mundo da competición, e as saídas laborais que ofrece o ámbito da automoción. Tamén se fará a inaguración da primeira taquilla de bicis de Galicia: o noso centro é pioneiro neste tipo de actividades de fomento do vehículo do futuro, a bicicleta. Lembremos, ademais, que o día 19 é o Día Mundial da Bicicleta. Para o fomento deste vehículo ecolóxico e saudable pídese a participación dos demais Departamentos, co obxectivo de deseñar actividades conxuntas que fomenten o seu uso. Start: 19/04/2017 09:10
O pasado 19 de abril tivo lugar no IES A Sangriña unha xornada de formación para amosar aos alumnos novos procesos de traballo e oportunidades de negocio referentes ao mundo de mantemento de vehículos. Dúas foron as actividades que se levaron a cabo. Rubén Lopez, restaurador de motos da localidade de Mañufe, amosou aos alumnos os procesos técnicos de restauración e o difícil que é atopar profesionais cualificados para desempeñar estes labores. Tamén explicou como se realizan os procesos técnicos e o plan de empresa preciso para levalos adiante. A segunda actividade foi impartida por un antigo alumno do Ciclo de Carrozaría, Neo Treinta, que foi o encargado de mostrar ao alumnado os segredos da técnica de hidroimpresión e as posibilidades que este traballo ten. O alumnado gozou vendo as novidades, e o interese polas actividades foi moi alto. Estas actividades englóbanse dentro da promoción dos Ciclos Formativos do IES A Sangriña. Lembremos que o alumnado de Automoción goza dunha colocación laboral pos-titulación do 63%, conta con grande aceptación na comarca e é piar do desenvolvemento profesional do Baixo Miño. Start: 19/04/2017 10:00
Un grupo multidisciplinar de alumnos e alumnas de 4º de ESO, acompañados polo profesorado Mª Luisa Guerra e Juan Hermida, visitaron o Aquamuseum de Vilanova de Cerveira o pasado mércores 19 de abril. Os alumnos e alumnas visitaron as instalacións do museo onde se poden ver as distintas especies de animais que poboan o esteiro do río Miño. Tamén se puideron achegar ás artes tradicionais de pesca de especies de enorme importancia económica nesta zona, tales como a anguía ou a lamprea. A visita incluíu unha saída nunha embarcación polo esteiro onde puideron ver os distintos aparatos que os investigadores utilizan para o estudo do medio mariño (sonda multiparamétrica, botella Nansen ou mallas para plancton). O esteiro do río Miño está a sufrir profundas transformacións que afectan á conservación do seu estado natural. A construción de encoros ao longo do río afecta á bioloxía das especies migratorias tales como o salmón, a anguía ou a lamprea. Tamén a introdución de especies alóctonas supón a desaparición das especies autóctonas e a diminución da biodiversidade. A presenza destas novas especies vese favorecida ademáis polo cambio climático que axuda ao desenvolvemento destas novas especies á vez que as especies adaptadas a estas augas se desplazan a latitudes máis ao norte en busca de augas máis frías. | 20
| 21
Start: 21/04/2017 10:00
Urban Art Project é un proxecto interdisciplinar da Sección Bilingüe de 3º ESO do IES A Sangriña, coordinado polos profesores Beatriz Nuñez (Plástica), Alfredo Garrido (Música) e Rosana Moreira (Inglés). Ten como obxectivo implicar o alumnado na vida económico-social da súa vila a través da arte. O proxecto comprende a elaboración dun grafitti mural de benvida á Guarda e un vídeo promocional da vila, para o cal o centro conta coa axuda de Brais Martínez Villa. Un proxecto con varias fases.
Agora, coa realización deste mural, completamos a primeira fase. Coa elaboración do graffiti completamos a primera fase do proxecto, que tivo o seguinte proceso: primeiro visitamos a ruta dos graffitis en Vigo "Vigo, cidade de cor". Acompañounos o artista Ramón Trigo, que lle explicou ao alumnado todo o proceso creativo do seu mural. O seguinte paso foi un encontro no noso centro coa concelleira de Cultura, Elena Baz, quen lle explicou a rapazas e rapaces participantes a importancia deste proxecto para o Concello e animounos a traballar con ilusión. | 22
| 23
Start: 23/04/2017 10:00
O día 23 de abril foi o Día do Libro. Nós quixemos dedicarlle a esta importante celebracióntoda unha semana, e foi a última semana do mes de abril a que escollemos no noso centro. Levamos a Biblioteca para o vestíbulo: nunha mesa dispuxemos os libros do autor que o noso alumnado le ano tras ano; colocamos arredor paneis con murais realizados por alumnas e alumnos de 1º ESO, e outros feitos desde a Biblioteca con información e imaxes sobre o autor e as súas obras. Logo, animamos ao alumnado de 1º ESO a ler alí e a escoitar, durante dúas horas continuadas, diversos relatos dos libros Contos por palabras e Rapazas.
|