Events
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
20
| 21
| 22
| 23
| 24
Start: 24/03/2017 12:00
End: 24/03/2017 14:00
Podemos ver a continuación algunhas das imaxes máis significativas do festival poético-musical celebrado o pasado día 24 de febreiro, no salón de actos, para conmemorar o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Durante a mañá, realizáronse dous pases para que todo o alumnado da ESO puidese gozar dunha moi sentida lectura dos máis coñecidos poemas da autora (“Adiós ríos, adiós fontes”; “Negra sombra”; “Unha vez tiven un cravo”; “A xustiza pola man”…), feita por varias alumnas e alumnos pertencentes e 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Estas lecturas recibiron acompañamento musical por parte do alumnado de Música de 1º Bacharelato. A continuación, Manuel Adrover, alumno de 4º ESO, interpretou unha fermosa danza en homenaxe á nosa poeta. No vestíbulo do centro puidemos, tamén, gozar dunha exposición de traballos, feitos polo alumnado de Plástica, onde vimos a súa propia interpretación dos poemas de Rosalía.
Start: 24/03/2017 16:00
End: 24/03/2017 18:30
O alumnado de ESO do noso centro participou o pasado venres no 8º Torneo de Badminton Escolar do Val Miñor, celebrado en Baiona, con moi bos resultados: na categoría de cadetes feminino, quedaron segundas, terceiras e cuartas; na categoría cadetes masculino, terceiros; na categoría infantil feminino, terceiros e cuartos. | 25
| 26
|