Events
Deu comezo o ciclo de contacontos "Contos do mundo" que estamos a levar a cabo entre o CEIP A Sangriña e o noso instituto, organizado por ambas as dúas Bibliotecas. Neste caso os contacontos son moi especiais: trátase do noso alumnado, que fará rir e soñar a rapazas e rapaces do colexio veciño.
No colexio traballan por proxectos, e a temática deste ano son os países do mundo: cada nivel céntrase nun país (Senegal, Cuba, Australia etc.), e os contos que nós lles levamos para lles contar na súa biblioteca gardan relación cos ditos países.
Alén do carácter lúdico e didáctico, está resultando unha experiencia moi positiva para todas e todos, moi motivadora, enriquecedora, e que ademais camiña cara a estreitar lazos na nosa comunidade educativa.
A semana pasada tivo lugar a excursión de fin de curso do alumnado de segundo curso de Automoción.
O xoves 9 desprazáronse á localidade suíza de Lausana (Lausanne en francés, Losena en arpitano) para visitar a Universidade da devandita localidade e un taller de reparación onde un antigo alumno do centro está a desenvolver o seu traballo. Tamén puideron coñecer a cidade e oír o órgano da catedral, lugar máxico de grande interese cultural.
O venres 10 a excursión tivo a oportunidade de visitar o centro de FP de Xenebra, onde o director do centro educativo e a Directora Xeral de Formación de Suíza acudiron co grupo explicando o funcionamiento interno dun centro de FP suízo, actividade que resultou moi motivadora para as persoas participantes.
Por último, o sábado 11 o grupo de automoción visitou o Salón de Xenebra, salón que viña cargado de grandes novidades técnicas e de presentacións de novos vehículos, e onde o noso alumnado puido gozar de primeira man de diversos vehículos.

Viaxamos ao Polo Norte da man de 4º de Educación Infantil (3 anos), na sétima sesión de Contos do mundo. Desta volta, ante este público tan atento e espontáneo, o alumnado de 2º de ESO B representou, cantando e bailando, o conto Vamos a cazar un oso, que preferiu adapatar como Vamos a buscar un oso. Ademais, na randeeira dos contos, a alumna Laura Rodríguez, leulles a divertida historia do reno Renato.
Velaquí as fotos, cedidas polo CEIP. Máis información en BiblioPepiño.
Os tres porquiños de Venecia é o título do conto teatralizado que o alumnado de 1º de ESO, coa profesora Menchu Costa, preparou para as cativas e os cativos de 4 anos do veciño CEIP A Sangriña, dentro do proxecto de ambas as dúas Bibliotecas titulado Contos do mundo, sobre o que levamos varias semanas informándovos.
Coma sempre, o lugar do encontro foi o colexio, aínda que desta volta no canto da biblioteca, a sesión tivo lugar no salón de actos. Este alumnado de 5º de Educación Infantil está a traballar nun proxecto sobre Italia, país co que gardaba relación o conto representado.
Velaquí as fotos, cedidas polo CEIP. Máis información en BiblioPepiño.
Podemos ver a continuación algunhas das imaxes máis significativas do festival poético-musical celebrado o pasado día 24 de febreiro, no salón de actos, para conmemorar o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Durante a mañá, realizáronse dous pases para que todo o alumnado da ESO puidese gozar dunha moi sentida lectura dos máis coñecidos poemas da autora (“Adiós ríos, adiós fontes”; “Negra sombra”; “Unha vez tiven un cravo”; “A xustiza pola man”…), feita por varias alumnas e alumnos pertencentes e 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Estas lecturas recibiron acompañamento musical por parte do alumnado de Música de 1º Bacharelato. A continuación, Manuel Adrover, alumno de 4º ESO, interpretou unha fermosa danza en homenaxe á nosa poeta.
O peche do festival puxérono as profesoras Marisa Guerra e Nuria Vázquez achegando unha leda e animada lectura do poema “Vente rapasa, vente miniña.”
No vestíbulo do centro puidemos, tamén, gozar dunha exposición de traballos, feitos polo alumnado de Plástica, onde vimos a súa propia interpretación dos poemas de Rosalía.
O alumnado de ESO do noso centro participou o pasado venres no 8º Torneo de Badminton Escolar do Val Miñor, celebrado en Baiona, con moi bos resultados: na categoría de cadetes feminino, quedaron segundas, terceiras e cuartas; na categoría cadetes masculino, terceiros; na categoría infantil feminino, terceiros e cuartos.
Velaquí as fotos, cedidas polo CEIP. Máis información en BiblioPepiño.
Celebrouse a final galega do Rally matemático Sen Fronteiras o pasado xoves na facultade de Química, en Santiago de Compostela. O equipo que representaba o IES A Sangriña, conformado por alumnas e alumnos de 1° de ESO, quedou na segunda posición, no posto de subcampión. O primeiro posto foi para o IES Rosalía de Castro, de Compostela, e o terceiro para CPR San Fermín, de Caldas de Reis.
O noso equipo fíxoo xenial e apenas unhas décimas o separou do campión. Parabéns ao grupo!
Este ano volvemos levar a cabo o proxecto Erasmus+ KA102 en Formación Profesional: a realización da formación en centros de traballo ( FCT) relacionados cos seus respectivos ciclos levarase a cabo no estranxeiro, e terá lugar desde o 3 de abril ata o 21 de xuño.
Consideramos prioritario que o noso alumnado se integre nos novos mercados laborais europeos e que poida pór en práctica os coñecementos específicos da súa especialidade nun contexto diferente ao cotián.
Este ano o programa desenvolverase en Portugal, concretamente en Lisboa. É o terceiro ano que realizamos as prácticas neste país veciño, dous en Lisboa e un en Madeira, con resultados óptimos. Non esquezamos o valor engadido para a comunidade dada a situación fronteiriza da nosa localidade e a posibilidade de abrirse un novo e amplo mercado laboral.
O alumnado seleccionado recibiu previamente formación cultural e lingüística coa profesora nativa Sonia Almeida.
As persoas seleccionadas para o programa son:
Non podiamos pechar este curso sen dedicarlle unhas liñas á xa tradicional viaxe a Almagro, realizada polo alumnado de 1º de Bacharelato, e organizada polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura.
Trátase dunha viaxe cultural, con enfoque literario, na que se asiste ao teatro contemporáneo, en Madrid, e clásico, no curral de comedias de Almagro, e na que se visitan espazos fundamentais das letras e da historia españolas, como Madrid, Toledo, Almagro ou Córdoba.

Viaxamos a Suecia a través das lendas e os mitos, na penúltima sesión do proxecto Contos do mundo, que levamos a cabo entre o IES o e CEIP A Sangriña, coordinado por ambas as dúas Bibliotecas.
Desta volta, o noso profesor Rafael Adalid deleitou con narracións mitolóxicas e tradicionais ao alumnado de 4º de Primaria B.
Velaquí as fotos, cedidas polo CEIP. Máis información en BiblioPepiño.
Non podiamos pechar este curso sen dedicarlle unhas liñas á xa tradicional viaxe a Almagro, realizada polo alumnado de 1º de Bacharelato, e organizada polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura.
Trátase dunha viaxe cultural, con enfoque literario, na que se asiste ao teatro contemporáneo, en Madrid, e clásico, no curral de comedias de Almagro, e na que se visitan espazos fundamentais das letras e da historia españolas, como Madrid, Toledo, Almagro ou Córdoba.
México foi o país ao que viaxamos na derradeira sesión de Contos do mundo.
O pasado venres, 7 de abril, cinco alumnos de 2º de ESO C, xunto coa profesora Marisa Guerra, desprazáronse á biblioteca do CEIP A Sangriña para relatar fascinantes historias sobre a descuberta do millo ao alumnado de 3º de Primaria.
Máis información en Bibliopepiño.