Events
Lun | ||
---|---|---|
Deu comezo o ciclo de contacontos "Contos do mundo" que estamos a levar a cabo entre o CEIP A Sangriña e o noso instituto, organizado por ambas as dúas Bibliotecas. Neste caso os contacontos son moi especiais: trátase do noso alumnado, que fará rir e soñar a rapazas e rapaces do colexio veciño. No colexio traballan por proxectos, e a temática deste ano son os países do mundo: cada nivel céntrase nun país (Senegal, Cuba, Australia etc.), e os contos que nós lles levamos para lles contar na súa biblioteca gardan relación cos ditos países. Alén do carácter lúdico e didáctico, está resultando unha experiencia moi positiva para todas e todos, moi motivadora, enriquecedora, e que ademais camiña cara a estreitar lazos na nosa comunidade educativa. Start: 06/03/2017 08:20
Na procura do fomento da lectura de prensa, a Bibliotegra está levando a cabo unha iniciativa que ten a finalidade de achegar a toda a comunidade educativa as fontes de información máis clásicas: prensa, revistas e publicidade á comunidade educativa do IES A Sangriña para formar lectoras e lectores críticos no uso e manexo da información escrita.
Esta semana, que é xustamente a Semana da Prensa, a Bibliotegra proponnos unha selección de revistas, escolleitas polos correspondentes Departamentos, e nós, alumnado, profesorado, nais e pais, e persoal non docente debemos votar cubrindo de xeito anónimo unha papeleta que pediremos na conserxería, e neste mesmo lugar entregarémola cuberta. A selección de revistas proposta está exposta no vestíbulo do centro no taboleiro que vedes na imaxe. |