Events
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
30
Start: 30/01/2017 08:20
End: 30/01/2017 17:40
O pasado 30 de xaneiro o alumnado de 1º e 2º dos Bacharelatos científico e tecnolóxico visitou o observatorio astronómico de Forcarei. A visita fíxose moi amena grazas a Ricardo e Alberto, que foron os encargados de explicarlles o funcionamento do observatorio, cales son as tarefas que se realizan nas instalacións e como é o material que empregan. Sen dúbida, o telescopio de enormes dimensións do que dispoñen (51 cm de diámetro) foi o que máis lles chamou a atención. Dado que as condicións climáticas non permitiron levar a cabo ningunha actividade, a visita rematou coa proxección de imaxes obtidas desde o observatorio, nas cales se podían ver diferentes obxectos astronómicos como nebulosas, supernovas ou galaxias. Unha vez finalizada a visita ao Observatorio, continuouse rumbo ao campus universitario de Vigo para coñecer as facultades correspondentes ás Enxeñarías de Minas, Industrial e de Telecomunicacións. Mágoa que o tempo non nos acompañase nesta saída! Malia isto, hai que agradecer a Ricardo e a Alberto as súas explicacións tan entusiastas que nos recordan, unha vez máis, o grande que é o universo que nos rodea. | 31
Start: 31/01/2017 09:10
End: 31/01/2017 10:00
Hoxe vistounos a escritora Ana Alcolea, Premio Cervantes Chico e Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil, para encontrarse co noso alumnado de 1º e 2º de ESO e falarlle das novelas que están a ler, El medallón perdido, El retrato de Carlota e El secreto del espejo. A escritora foi presentada polo profesor Alberto Viso.
Start: 31/01/2017 10:00
Dentro dun programa de visitas ás instalacións deportivas da contorna co obxecto de coñecer a oferta coa que contamos na Guarda, esta semana o alumndo de 4° de ESO visitou as instalacións de pádel, situadas na Gándara, acompañados do profesorado de Educación Física, Susana Salvador e Amalio Verd. Rapazas e rapaces aproveitaron para pasalo ben practicando pádel e fútbol de interior.
| 1
Start: 31/01/2017 10:00
End: 01/02/2017 14:00
Dentro dun programa de visitas ás instalacións deportivas da contorna co obxecto de coñecer a oferta coa que contamos na Guarda, esta semana o alumndo de 4° de ESO visitou as instalacións de pádel, situadas na Gándara, acompañados do profesorado de Educación Física, Susana Salvador e Amalio Verd. Rapazas e rapaces aproveitaron para pasalo ben practicando pádel e fútbol de interior.
| 2
Start: 02/02/2017 09:10
Deu comezo o ciclo de contacontos "Contos do mundo" que estamos a levar a cabo entre o CEIP A Sangriña e o noso instituto, organizado por ambas as dúas Bibliotecas. Neste caso os contacontos son moi especiais: trátase do noso alumnado, que fará rir e soñar a rapazas e rapaces do colexio veciño. No colexio traballan por proxectos, e a temática deste ano son os países do mundo: cada nivel céntrase nun país (Senegal, Cuba, Australia etc.), e os contos que nós lles levamos para lles contar na súa biblioteca gardan relación cos ditos países. Alén do carácter lúdico e didáctico, está resultando unha experiencia moi positiva para todas e todos, moi motivadora, enriquecedora, e que ademais camiña cara a estreitar lazos na nosa comunidade educativa. Start: 02/02/2017 09:10
End: 02/02/2017 10:15
A semana pasada tivo lugar o primeiro encontro dos Contos do mundo. O protagonista foi Portugal coa Historia do macaco do rabo cortado, que lles relataron en lingua portuguesa rapazas e rapaces de 1º de Bacharelato C, acompañados polo profesorado de portugués, Alberto Viso e María Carneiro, ao alumnado de 2º de Primaria. Este grupiño de primaria quixo corresponder cantándolles O pitinho amarelinho. A actividade tivo un resultado moi positivo. Tendes máis información no blog da bilbioteca co CEIP, Biblio Pepiño (preme aquí). | 3
all day
Deu comezo o ciclo de contacontos "Contos do mundo" que estamos a levar a cabo entre o CEIP A Sangriña e o noso instituto, organizado por ambas as dúas Bibliotecas. Neste caso os contacontos son moi especiais: trátase do noso alumnado, que fará rir e soñar a rapazas e rapaces do colexio veciño. No colexio traballan por proxectos, e a temática deste ano son os países do mundo: cada nivel céntrase nun país (Senegal, Cuba, Australia etc.), e os contos que nós lles levamos para lles contar na súa biblioteca gardan relación cos ditos países. Alén do carácter lúdico e didáctico, está resultando unha experiencia moi positiva para todas e todos, moi motivadora, enriquecedora, e que ademais camiña cara a estreitar lazos na nosa comunidade educativa. | 4
all day
Deu comezo o ciclo de contacontos "Contos do mundo" que estamos a levar a cabo entre o CEIP A Sangriña e o noso instituto, organizado por ambas as dúas Bibliotecas. Neste caso os contacontos son moi especiais: trátase do noso alumnado, que fará rir e soñar a rapazas e rapaces do colexio veciño. No colexio traballan por proxectos, e a temática deste ano son os países do mundo: cada nivel céntrase nun país (Senegal, Cuba, Australia etc.), e os contos que nós lles levamos para lles contar na súa biblioteca gardan relación cos ditos países. Alén do carácter lúdico e didáctico, está resultando unha experiencia moi positiva para todas e todos, moi motivadora, enriquecedora, e que ademais camiña cara a estreitar lazos na nosa comunidade educativa. | 5
all day
Deu comezo o ciclo de contacontos "Contos do mundo" que estamos a levar a cabo entre o CEIP A Sangriña e o noso instituto, organizado por ambas as dúas Bibliotecas. Neste caso os contacontos son moi especiais: trátase do noso alumnado, que fará rir e soñar a rapazas e rapaces do colexio veciño. No colexio traballan por proxectos, e a temática deste ano son os países do mundo: cada nivel céntrase nun país (Senegal, Cuba, Australia etc.), e os contos que nós lles levamos para lles contar na súa biblioteca gardan relación cos ditos países. Alén do carácter lúdico e didáctico, está resultando unha experiencia moi positiva para todas e todos, moi motivadora, enriquecedora, e que ademais camiña cara a estreitar lazos na nosa comunidade educativa. |