Events
O próximo luns día 16 visitará este centro un matemático e operador de telescopios que nos trasladará un pouco máis preto das estrelas. O noso conferenciante é Víctor Tilve, licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, estudante no programa de doutoramento do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da mesma Universidade, e na actualidade traballa no Centro de Estudios de Física del Cosmos de Aragón.
Esta charla vai dirixida a alumnado de 1º e 2º de Bacharelato Científico e Tecnolóxico, dada a relación cos contidos dalgunhas das materias presentes no currículo destes cursos. O tema a tratar será un percorrido pola Astronomía, sen afondar en conceptos técnicos, así como unha breve introdución ao traballo que Víctor está a realizar no Observatorio Astrónomico de Javalambre (Teruel).
Ademais da información que se poida tratar na charla, tamén teremos oportunidade de satisfacer a nosa curiosidade mediante unha rolda de preguntas que, sen dúbida algunha, o noso conferenciante responderá de moi bo grao.
Desde o Departamento de Matemáticas animamos a todo o profesorado que se atope dispoñible a achegarse ata o salón de actos para participar desta charla que, de seguro, será moi entretida.
A charla suscitou grande interese entre o noso alumnado que, curioso, lle trasladou moitas e moi interesantes preguntas.
O concello da Guarda propúxonos participar co alumnado de 1º e 2º de ESO na simulación dun pleno municipal, actividade que levamos a cabo o pasado venres no salón de plenos do concello.
Formáronse grupos de alumnas e alumnos, de xeito que cada grupo representase un partido político ficticio, (Equipo Vermello, Amarelo, Azul etc.). Por sorteo decidiuse o grupo gobernante, mentres que o resto dos grupos serían a oposición. Cada grupo político elixiu, á súa vez, representantes de catro concellarías. Deste xeito, representaron a realidade do noso concello. Cada grupo da oposición presentou unha moción cunha proposta de mellora dalgún servizo municipal e dúas preguntas respecto do funcionamento doutras dúas actividades xa en funcionamento. A actividade foi presentada polo alcalde, Antonio Lomba, e moderada polo propio secretario do concello.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, axudou ao alumnado a comprender o funcionamento dun concello e dos órganos de goberno e de representación cidadá, e contribuiu en boa medida a conectar a escola ao mundo.
O pasado 30 de xaneiro o alumnado de 1º e 2º dos Bacharelatos científico e tecnolóxico visitou o observatorio astronómico de Forcarei. A visita fíxose moi amena grazas a Ricardo e Alberto, que foron os encargados de explicarlles o funcionamento do observatorio, cales son as tarefas que se realizan nas instalacións e como é o material que empregan. Sen dúbida, o telescopio de enormes dimensións do que dispoñen (51 cm de diámetro) foi o que máis lles chamou a atención.
Dado que as condicións climáticas non permitiron levar a cabo ningunha actividade, a visita rematou coa proxección de imaxes obtidas desde o observatorio, nas cales se podían ver diferentes obxectos astronómicos como nebulosas, supernovas ou galaxias.
Unha vez finalizada a visita ao Observatorio, continuouse rumbo ao campus universitario de Vigo para coñecer as facultades correspondentes ás Enxeñarías de Minas, Industrial e de Telecomunicacións.
Mágoa que o tempo non nos acompañase nesta saída! Malia isto, hai que agradecer a Ricardo e a Alberto as súas explicacións tan entusiastas que nos recordan, unha vez máis, o grande que é o universo que nos rodea.
Hoxe vistounos a escritora Ana Alcolea, Premio Cervantes Chico e Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil, para encontrarse co noso alumnado de 1º e 2º de ESO e falarlle das novelas que están a ler, El medallón perdido, El retrato de Carlota e El secreto del espejo. A escritora foi presentada polo profesor Alberto Viso.
Deu comezo o ciclo de contacontos "Contos do mundo" que estamos a levar a cabo entre o CEIP A Sangriña e o noso instituto, organizado por ambas as dúas Bibliotecas. Neste caso os contacontos son moi especiais: trátase do noso alumnado, que fará rir e soñar a rapazas e rapaces do colexio veciño.
No colexio traballan por proxectos, e a temática deste ano son os países do mundo: cada nivel céntrase nun país (Senegal, Cuba, Australia etc.), e os contos que nós lles levamos para lles contar na súa biblioteca gardan relación cos ditos países.
Alén do carácter lúdico e didáctico, está resultando unha experiencia moi positiva para todas e todos, moi motivadora, enriquecedora, e que ademais camiña cara a estreitar lazos na nosa comunidade educativa.
A semana pasada tivo lugar o primeiro encontro dos Contos do mundo.
O protagonista foi Portugal coa Historia do macaco do rabo cortado, que lles relataron en lingua portuguesa rapazas e rapaces de 1º de Bacharelato C, acompañados polo profesorado de portugués, Alberto Viso e María Carneiro, ao alumnado de 2º de Primaria. Este grupiño de primaria quixo corresponder cantándolles O pitinho amarelinho. A actividade tivo un resultado moi positivo.
Tendes máis información no blog da bilbioteca co CEIP, Biblio Pepiño (preme aquí).
Deu comezo o ciclo de contacontos "Contos do mundo" que estamos a levar a cabo entre o CEIP A Sangriña e o noso instituto, organizado por ambas as dúas Bibliotecas. Neste caso os contacontos son moi especiais: trátase do noso alumnado, que fará rir e soñar a rapazas e rapaces do colexio veciño.
No colexio traballan por proxectos, e a temática deste ano son os países do mundo: cada nivel céntrase nun país (Senegal, Cuba, Australia etc.), e os contos que nós lles levamos para lles contar na súa biblioteca gardan relación cos ditos países.
Alén do carácter lúdico e didáctico, está resultando unha experiencia moi positiva para todas e todos, moi motivadora, enriquecedora, e que ademais camiña cara a estreitar lazos na nosa comunidade educativa.
Deu comezo o ciclo de contacontos "Contos do mundo" que estamos a levar a cabo entre o CEIP A Sangriña e o noso instituto, organizado por ambas as dúas Bibliotecas. Neste caso os contacontos son moi especiais: trátase do noso alumnado, que fará rir e soñar a rapazas e rapaces do colexio veciño.
No colexio traballan por proxectos, e a temática deste ano son os países do mundo: cada nivel céntrase nun país (Senegal, Cuba, Australia etc.), e os contos que nós lles levamos para lles contar na súa biblioteca gardan relación cos ditos países.
Alén do carácter lúdico e didáctico, está resultando unha experiencia moi positiva para todas e todos, moi motivadora, enriquecedora, e que ademais camiña cara a estreitar lazos na nosa comunidade educativa.
Deu comezo o ciclo de contacontos "Contos do mundo" que estamos a levar a cabo entre o CEIP A Sangriña e o noso instituto, organizado por ambas as dúas Bibliotecas. Neste caso os contacontos son moi especiais: trátase do noso alumnado, que fará rir e soñar a rapazas e rapaces do colexio veciño.
No colexio traballan por proxectos, e a temática deste ano son os países do mundo: cada nivel céntrase nun país (Senegal, Cuba, Australia etc.), e os contos que nós lles levamos para lles contar na súa biblioteca gardan relación cos ditos países.
Alén do carácter lúdico e didáctico, está resultando unha experiencia moi positiva para todas e todos, moi motivadora, enriquecedora, e que ademais camiña cara a estreitar lazos na nosa comunidade educativa.
Deu comezo o ciclo de contacontos "Contos do mundo" que estamos a levar a cabo entre o CEIP A Sangriña e o noso instituto, organizado por ambas as dúas Bibliotecas. Neste caso os contacontos son moi especiais: trátase do noso alumnado, que fará rir e soñar a rapazas e rapaces do colexio veciño.
No colexio traballan por proxectos, e a temática deste ano son os países do mundo: cada nivel céntrase nun país (Senegal, Cuba, Australia etc.), e os contos que nós lles levamos para lles contar na súa biblioteca gardan relación cos ditos países.
Alén do carácter lúdico e didáctico, está resultando unha experiencia moi positiva para todas e todos, moi motivadora, enriquecedora, e que ademais camiña cara a estreitar lazos na nosa comunidade educativa.
Deu comezo o ciclo de contacontos "Contos do mundo" que estamos a levar a cabo entre o CEIP A Sangriña e o noso instituto, organizado por ambas as dúas Bibliotecas. Neste caso os contacontos son moi especiais: trátase do noso alumnado, que fará rir e soñar a rapazas e rapaces do colexio veciño.
No colexio traballan por proxectos, e a temática deste ano son os países do mundo: cada nivel céntrase nun país (Senegal, Cuba, Australia etc.), e os contos que nós lles levamos para lles contar na súa biblioteca gardan relación cos ditos países.
Alén do carácter lúdico e didáctico, está resultando unha experiencia moi positiva para todas e todos, moi motivadora, enriquecedora, e que ademais camiña cara a estreitar lazos na nosa comunidade educativa.
O alumnado de ESO e Bacharelato asistiu, o martes pasado, día 7 de febreiro, á representación teatral da adaptación da obra Cousas de Castelao por parte da compañía Os Quinquilláns Teatro. Arredor duns cento cincuenta alumnas e alumnos do centro, desde 2º de ESO ata 2º de Bacharelato, acompañados por todo o profesorado do Departamento de Lingua e Literatura Galega, gozaron ese día co espectáculo que a dita compañía ofreceu no Auditorio do Rosal.
A obra Cousas de Castelao é a base dun texto no que Lucho Penabade e Tero Rodríguez recollen os grandes temas abordados polo autor rianxeiro -desde o amor á morte pasando pola soidade, a emigración ou a xustiza social- ao tempo que dan forma a unha obra de teatro dentro do teatro. Penabade e Rodríguez dan vida nestas Cousas a Xosé e Teresa, dous actores que tamén se enfrontan ao reto de dar vida, á vez, aos relatos de Castelao.