Events
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
4
| 5
| 6
| 7
| 8
Start: 08/01/2016 12:00
A escritora e profesora Teresa Moure impartiu hoxe no noso centro unha charla sobre Ecolingüística, na que nos presentou esta nova perspectiva ecoloxista aplicada á relación entre lingua e visión do mundo, o concepto de lingua, a unidade e a diversidade lingüística e a morte das linguas. As linguas son parte do noso patrimonio, e forman parte do medio ao que pertencemos. Parece un principio ético, por riba de calquera ideoloxía, coidalas e respectalas. En palabras de Teresa Moure, "a lingua é a masa do pensamento", isto é, cada lingua reflicte unha forma de ver o mundo. Se unha lingua morre, todos perdemos. Explicounos que o brutal impacto do imperialismo e a colonización no ritmo de desaparición da biodiversidade ten o seu correlato no ámbito cultural e lingüístico. Reflexionou sobre a morte (ou "asasinato") das linguas, en xeral, e sobre o caso do galego, en particular, e a este respecto opinou que cómpre buscar unha nova estratexia de defensa do galego, mirando máis cara ao sur. | 9
| 10
|
![Events at <em>IES A SANGRIÑA</em> Distribuir contido](/centros/iesasangrina/misc/feed.png)