Events
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
19
| 20
| 21
| 22
| 23
Start: 23/10/2015 10:00
![]()
O pasado venres 23 de outubro, o alumnado de 1º de ESO, acompañado polos profesores Teresa Callís, Víctor Gómez e Isabel Rodríguez, participou na visita aos traballos da nova escavación arqueolóxica no Poboado de Mergelina, no monte Trega.
O noso alumnado tivo a sorte de presenciar un importante achado durante a visita: os arqueólogos localizaban ante os ollos dos rapaces e rapazas unha cabeza antropomorfa labrada en pedra, probablemente parte dunha escultura maior. Foi un momento de grande emoción que abofé non esquecerán.
Deste importante achado, así como a presenza do noso alumnado, faise eco a prensa do país. Podedes ler as noticias premendo nos enlaces ao Faro de Vigo e a Voz de Galicia.
| 24
| 25
|
![Events at <em>IES A SANGRIÑA</em> Distribuir contido](/centros/iesasangrina/misc/feed.png)