Skip to Content

Events

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Venres Outubro 23, 2015 »
Ven
Start: 23/10/2015 10:00
O pasado venres 23 de outubro, o alumnado de 1º de ESO, acompañado polos profesores Teresa Callís, Víctor Gómez e Isabel Rodríguez, participou na visita aos traballos da nova escavación arqueolóxica no Poboado de Mergelina, no monte Trega.
O noso alumnado tivo a sorte de presenciar un importante achado durante a visita: os arqueólogos localizaban ante os ollos dos rapaces e rapazas unha cabeza antropomorfa labrada en pedra, probablemente parte dunha escultura maior. Foi un momento de grande emoción que abofé non esquecerán.
Deste importante achado, así como a presenza do noso alumnado, faise eco a prensa do país. Podedes ler as noticias premendo nos enlaces ao Faro de Vigo e a Voz de Galicia.
Distribuir contido


by Dr. Radut