Skip to Content

Visita ao CIMUS - Alumnado da materia Psicoloxía de 2º de Bacharelato - 1/2/2017

O mércores 1 de febreiro de 2017 o alumnado da materia de Psicoloxía (optativa de 2º de Bacharelato) realizou unha visita guiada ás instalacións do CIMUS en Santiago de Compostela.

Ruth González organizou ata o mínimo detalle todo e, ademais, guiounos polas instalacións comúns do centro. Jannette Rodríguez e Juan Parga ensináronlles os laboratorios onde traballa o grupo de investigación sobre a enfermidade de Párkinson. Amparo Pérez fixo que comprenderan a importancia da investigación básica na elaboración de fármacos mostrándolles as instalacións do grupo Innopharma.

¿Será Piteas el modelo educativo de Galicia? (La Voz de Galicia)

Xurxo Mariño imparte unha conferencia no IES Arcebispo Xelmírez II (El Correo Gallego)

Colaboracion do IES Arcebispo Xelmírez II coa ONG Families4peace

Aquí tedes o vídeo da colaboración do noso centro coa ONG Families4peace, na que se xuntaron 200 caixas de roupa e comida para aos refuxiados en Tesalónica.

"El Xelmírez II reunió alimentos y ropa de la comarca con destino a personas refugiadas" (La Voz de Galicia)

recollida de alimentos para refuxiados

Festival de Nadal 2016

Aquí podedes ver o festival do Nadal 2016

Renovación parcial do Consello Escolar (2016-2017)

Nesta entrada iremos colgando todo o relativo á renovación parcial do Consello Escolar que está en marcha durante este mes de novembro.

Sobre o libro de texto de "Valores éticos"

 

O libro de texto de Valores Éticos, de Antonio Pascual Rodríguez Grau e outros autores, do Proyecto Educa, con ISBN 978 - 84 - 606 - 8963 – 8 úsase en 1º, 2º e 3º de ESO, de modo que quen o teña mercado en 1º, pode consérvalo nos dous cursos seguintes.

Viaxe cultural a París

Alumnado de francés do noso centro xunto con alumnado de francés do IES nº 1 de Ordes viaxou a París do 11 ao 17 de marzo.

    

 

Semana I+I+D 2016

O noso centro adica esta semana (do 29 de marzo ó 1 de abril) á conmemoración do Ano Internacional para o Entendemento Mundial, programando distintas actividades para convidar a reflexionar sobre os efectos das accións cotiás no seu entorno.

No seguinte enlace podedes descargar o tríptico coa programación.

Pinchando na imaxe podedes ver o cartel a maior tamaño.

I Premio Ofelia Devesa de Educación Activa. Convocatoria

I PREMIO OFELIA DEVESA DE EDUCACIÓN ACTIVA.

 

 

BASES

 

 

 

Os alumnos do IES Xelmírez II presentan no Concello un Proxecto de Seguridade Viaria

Un grupo de alumnos do IES Xelmírez II visitou esta mañá o Pazo de Raxoi para presentar o Proxecto de Seguridade Viaria que realizaron ao longo dos dous últimos cursos, centrado no contorno do seu centro. Os rapaces, acompañados polos seus profesores, foron recibidos polos concelleiros de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e de Educación e Cidadanía, Manuel Dios.

Os alumnos desenvolveron un proxecto educativo orientado á seguridade viaria, durante os cursos académicos 2013-2014 e 2014-2015. O estudo foi realizado dende o punto de vista dos peóns, e tiña como obxectivo consolidar comportamentos cívicos no espazo público, previr condutas de risco e identificar as deficiencias das vías públicas que son responsabilidade da Administración.

Principais problemas detectados no estudo 
No seu proxecto de seguridade viaria, os alumnos do IES Xelmírez II detectaron unha serie de problemas na contorna do seu centro. Así, en relación á rúa Irmandiños, os rapaces falan de que "está pouco urbanizada e co aspecto semellante ao dunha estrada secundaria, cando se trata dunha vía urbana con gran volume de tráfico". Tamén se queixan de problemas de visibilidade, mala sinalización e falta de beirarrúas no tramo de subida cara o mercado de Salgueiriños.

En canto á rúa San Caetano, o estudo elaborado polos estudantes fala de problemas co semáforo ubicado diante da ermida, do que din que "transcorre moito tempo entre que se preme o botón e se pon en verde, e non dá tempo suficiente a cruzar, xa que ten un tempo de apertura de 14 segundos para unha vía de catro carrís de circulación". Os alumnos tamén denuncian problemas para o cruce dos peóns na praza de España, onde conflúen numerosas rúas e hai unha alta densidade de tráfico.

Na avenida do Cruceiro da Coruña, o informe dos alumnos do Xelmírez II detectou problemas relacionados con beirarrúas moi estreitas ou inexistentes, problemas de visibilidade, tráfico moi intenso e excesos de velocidade, e pouco tempo de apertura dos semáforos. Por último, na avenida Rodríguez de Viguri e na rúa das Cancelas, os rapaces tamén consideran que faltan beirarrúas, son estreitas e non hai pasos de peóns suficientes.
O estudo foi elaborado polos alumnos do IES Xelmírez II Eva Carollo Brea, Jorge Forján Iglesias, Ailén Novais Suárez, David Pampín Villares e Sergio Rouco Quintáns.

Enlace á noticia na web do Concello

 

 

Conferencia de don Carlos Lema Devesa

Hoxe venres 9 de outubro comezamos coa actividades de celebración do 30 aniversario do Centro cunha conferencia do catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Complutense de Madrid don Carlos Lema Devesa. 

O profesor Lema empezará falándonos sobre a historia do Centro e daranos despois unha conferencia sobre os enganos da publicidade, sobre o que é especialista. As actividades están enfocadas ao alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato.

Outra información: Noticia na prensa

Viaxe París 2015

Estivemos en París do 20 ao 26 de marzo (xunto co alumnado e dúas profesoras do IES nº 1 de Ordes). Aquí tendes tres momentos do noso paso pola Cidade da Luz. Pronto poderedes ver a reportaxe fotográfica no blog de francés 

http://petitscoinsparisiens.blogspot.com.es/

 

              

Campus científicos de verano

Está aberto ó prazo para apuntarse no Programa Campus Científicos de Verano.

No seguinte enlace tedes toda a información.

O prazo para inscribirse remata o 20 de marzo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut