Skip to Content

PLAN DAFIS. Probas físicas

Rematamos o curso da mesma forma que as comezamos: realizando as probas físicas previstas no Plan DAFIS.

O primeiro paso da actividade foi amosar a composición das distintas probas, explicando o modo de levalas a cabo. Esto foi debido a que o plantexamento de esta primeira parte foi que o alumnado realizara un traballo autónomo á hora de levar a cabo as probas e a toma dos resultados. Polo que, para levar a cabo o rol de controlador/ anotador das probas, debían ter uns coñecementos mínimos. Para esta actividade non contamos co material propio do plan, polo que tivemos que adaptar cos recursos do departamento. En este trimestre, levamos a cabo as probas de composición corporal e todas as probas físicas, a excepción da proba de forza de prensión manual.

Debido a que o obxectivo foi que o alumnado realizara un traballo autónomo, non consideramos subir os datos acadados nas probas á plataforma DAFIS, xa que entendemos que podía existir algún erro de control e medición nas marcas. 

Repetimos as probas de novo no terceiro trimestre, unha vez recibido o material de préstamo o día 10 de abril. As probas foron realizadas a todo o alumnado de 3º e 4º ESO, e 1º de bacharelato. Ademais, subimos á plataforma os datos de aquel alumnado que dou o consentimento. Debido á necesidade de completar todas as UD sinaladas na programación, e dependendo do curso, realizáronse unha parte significativa das probas, sen completar a totalidade de elas en ningún nivel. 

A plataforma DAFIS permítenos comparar a condición física do alumnado, co conxunto de rapazas e rapaces da súa mesma idade de toda Galicia. Esto permite a obtención de información valiosa para as familias, mediante a cal poden monitorizar e coñecer a evolución da condición física das súas fillas e fillos. Con estes datos, que son entregados ás familias a través de un informe xerado na propia plataforma, teñen un punto de partida para elaborar un plan de actividade física saudable baseado nas necesidades específicas individuais do alumnado. 

 



blog | by Dr. Radut