Recollida de material
As familias do alumnado que deixou material no instituto e desexen recollelo, deberán enviar un correo electrónico ao centro coas seguintes indicacións:
O correo debe poñer como asunto: RECOLLIDA MATERIAL_nome-do-alumno. Calquera outro correo con outra indicación no asunto non se terá en conta.
No corpo do texto debe constar:
- Nome da alumna/do alumno, curso e grupo.
- O material deixado no centro, o máis especificado posible (no caso de libros: A materia, se o libro é de fondo libros ; no caso de cadernos: Cor, forma e tamaño)
- A ubicación concreta do material (número de casilleiro de ser o caso; mesa ou lugar concreto da estantería en caso de estar nunha aula). Isto é especialmente importante, porque, desinfectado o centro, só accederá a buscar o material o persoal do mesmo. Só se entregará o material que poida ser localizado.
- Só se entregará material identificado co nome do alumno/ da alumna
O IES poñerase en contacto cos solicitantes de recollida de material para determinar cando poderá ter lugar.