Skip to Content

Incorporación ás clases presenciais do alumnado de 2º de Bacharelato

Informamos ás familias e ao alumnado de 2º de Bacharelato que, seguindo instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a partir do vindeiro luns 25 de maio, e sempre que se pase á fase 2, este alumnado poderá reincorporarse ás aulas. Este regreso será completamente voluntario e non se impartirá contido que non se facilite tamén no seguimento a distancia, polo que non haberá diferenzas entre a formación persoal e a distancia.
Con obxecto de organizar o retorno con garantías de seguridade necesitamos saber de antemán qué alumnado ten previsto volver ao centro a partir do 25 de maio. Polo tanto, se o/a alumno/a vai asistir ao centro a partir desa data é preceptivo que nos envíen un correo electrónico, antes do martes 19 de maio, á dirección ies.arcebispo.xelmirez.2@edu.xunta.gal para comunicalo.
Dado que é posible que non poida manterse a distancia de seguridade en todo momento, durante a permanencia no centro será obrigatorio o uso de máscara.
Informámolos ademais de que, seguindo instrucións do Ministerio de Sanidad, o alumnado que teña síntomas compatibles con COVID-19, diagnosticado de COVID-19 ou en corentena por ter tido contacto con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19 non poderá asistir ao centro. De acordo tamén coas citadas medidas, as familias non poderán entrar no recinto escolar.



page_ppp | by Dr. Radut