Skip to Content

Conmemoracións

8 de marzo 2023

Para conmemorar o día da Muller, o alumnado do Equipo Morgana visitou os centros adscritos para explicar por que se celebra o 8 de marzo e contar como traballa o Equipo no centro. Despois achegáronse ao parque da Bouza para xuntarse co Comando Igualdade e levar a cabo unha homenaxe á asociación de mulleres Dorna no Cristo da Victoria. Despois dunha batucada e da lectura do manifesto conxunto, houbo micro aberto, onde se compartiron moitas experiencias e textos emocionantes.

Aquí tendes as fotos desta intensa xornada!

Día de Rosalía 2023

DiaRosalia_2223No noso centro celebramos o Día de Rosalía co xa tradicional troco de libros onde o alumnado puido intercambiar lecturas en galego e ademais recibir unha flor. Dentro da celebración o alumnado de 1° de bacharelato puido asistir a un pequeno concerto da artista Su Garrido que fixo seimus varios poemas da nosa lírica.

Botádelle un ollo ás fotos da galería!

Manifesto do día 25 de novembro

Discurso redactado polo alumnado do Equipo Morgana de Igualdade con motivo da conmemoración do 25 de novembro:

Ben, comezamos... Bos días a todos e a todas. Antes que nada grazas por vir de negro no día de hoxe a todos os que o fixestes.

Día escolar da paz e non violencia

Para conmemorar o 30 de xaneiro os alumnos e alumnas de 2°, 3°, 4°ESO e 1° Bac colaboraron para lembrarnos a importancia da educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, a igualdade, o respecto aos Dereitos Humanos e a non violencia desde un consciente compromiso da defensa da paz, o diálogo e o entendemento entre persoas con xeitos distintos de pensar e sentir
 
 
Preme aquí para ver máis fotos!
 

VII Mostra Viva de instrumentos musicais

       
     
       
   

Participa e desfruta con nós na nova edición da

         Mostra viva de instrumentos musicais

   
       
  ESPERÁMOSTE !!    
 

Fai clik aquí se queres ver unha reportaxe do evento

 

 

   

VI Mostra Viva de instrumentos musicais

 
       
     
       

Participa e desfruta con nós o vindeiro luns na sexta edición da

MOSTRA VIVA DE INSTRUMENTOS  MUSICAIS 

  

   Esperámoste !!    
       
 

 

 

   

V Mostra viva de instrumentos musicais.

       
V MOSTRA VIVA DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
 

 

LUNS 17 DE NOVEMBRO

DENDE AS 10:30 ás 14:10 e ás 16:30 

 
     
      
       
 

Un ano mais o son da música que impregnaba o hall de entrada, o salón de actos e os corredores transportounos o pasado 14 de novembro, durante toda a xornada escolar, ao país de Nunca Xamais. A destreza de 26 instrumentistas, todos estudantes de secundaria e bacharelato do noso centro, soubo sacar ao piano, á flauta travesera, ao violoncelo, saxofón, guitarrra, acordeón, baixos e bombos, os seus mellores sons.

 

 ¡¡ Felicidades rapaces, sodes os mellores !!

   
 

 

 

   

Magosto no centro 2013

¡O noso magosto!

 

Xa sabedes que o pasado día 15 de novembro celebramos a festa do magosto no noso centro. Aquí podedes ver que ben que o pasamos xogando aos xogos populares, asando as castañas, e por suposto... ¡coméndoas!!.

Temos que agradecer aos pais/nais a súa colaboración no asado das castañas, así como a Xermán, conserxe do centro.  

Tamén houbo tempo para xogar. Xogos dirixidos polo alumnado de 3º ESO C e D.

E, por fin, amenizados con boa música, grazas a Xaime e María ......

chegaron as castañas, repartidas polo alumnado de 3º ESO A. Bo traballo!


Distribuir contido


by Dr. Radut