Actividades extraescolares
Samaín, Halloween e Magosto
Este ano, a festa de Samaín e Magosto americanizouse un pouquiño grazas o noso auxiliar de conversa, Arthur. Ademais do concurso de Cabazas talladas e da comilona de castañas acompañadas de chocolate quente, o noso novo compañeiro preparou unha fogueira para degustar as nubes o estilo americano (marshmallow).
Podedes picar na foto o no seguinte enlace para acceder a galería de fotos.
Cabazas de Samaín
Xa temos as fotos das cabazas na galería do IES.
Para velas, podes picar na foto do T. rex ou ben, seguir o enlace de máis abaixo.
Na galería de imaxes podes valorar a cabaza que máis che guste.
Acceso a galería de fotos do Samaín 2012
Cartel gañador do concurso e galería de carteis
Galería de carteis de Samaín - Magosto 2012
Podes valorar as imaxes na galería e indicanos cal é o cartel que ti preferes.
III concurso de carteis de Samaín e Magosto. 2012
Convócase o III Concurso de carteis do Samaín e Magosto, para o alumnado do IES Alfoz - Valadouro.
Os carteis deben cumprir os seguintes requisitos:
- Tamaño A4.
- Debe anunciar o Samaín e o Magosto do IES.
Data límite de entrega mércores 24 de outubro.
Haberá premios o mellor cartel.
Equipo de Dinamización do Galego
VIII Carreira Quilómetros de Solidaridade
O venres 30 de marzo no IES Alfoz - Valadouro celebrouse a VIII carreira quilómetros de solidariedade colaborando con Save the Children. Accede dende aquí a galeria da carreira.
A carreira está organizada polo departamento de Educación Física que dirixe Yolanda Flórez Pandiella.
Consiste en que cada alumno e alumna que participe posúa un “carné do corredor” cunha lista de patrocinadores, cada patrocinador doará o que previamente acorde co corredor por cada quilómetro percorrido por este. Cantos máis quilómetros se realicen e máis patrocinadores teña cada corredor, máis diñeiro conseguirase. Tamén se habilitaron os ” carné de corredor 0″ que poderán usar os profesores, para que en lugar de correr, se poidan apuntar á carreira por medio desta modalidade e realizar un donativo.
A carreira comezará despois do recreo e participa alumnado de todos os cursos.
Cada un dos corredores e corredoras recibirá un diploma de participación.
O diñeiro recadado enviarase á asociación “Save the Children” para ser usado con ao redor de 8.000 nenos e nenas da República Democrática do Congo.
Entroido 2012
Xa teñedes as fotos do entroido na galería do centro.
E, coma en todas as fotos da galería, podedes votar a que mais os guste ou todas as que desexedes.
Ademais, tamén saímos na prensa da zoa, cronica3, Voz de Galicia aínda que na Voz, soamente poñen unha foto.
Visita a Lugo
Os alumnos e alumnas de 2º ESO e os alumnos e alumnas de relixión católica do IES, foron o pasado xoves 3 de febreiro a visitar a Catedral de Lugo.
Cartel gañador Samaín 2011 - 2012
Autora: SILVIA GARCÍA ANELLO. Curso 2º ESO
II Concurso de carteis do Samaín
Convócase o II Concurso de carteis do Samaín e Magosto, para o alumnado do IES Alfoz - Valadouro.
Os carteis deben cumprir os seguintes requisitos:
- Tamaño A4.
- Debe anunciar o Samaín e o Magosto do IES.
Data límite de entrega venres 21 de outubro.
Haberá premios o mellor cartel.
Equipo de Dinamización do Galego