Skip to Content

Actividades, ANPA, Novas, Orientación, Abalar Móbil, Documentos, Xornadas de atención á diversidade, Información Familias Alumnado Novo

INICIO CURSO 2019-20

O día 16 de setembro iniciarase o curso escolar 2019-2020 en horario normal, de 08:30 a 14:05 horas e de 16:30 a 18:10 horas.

Ás 08:30 faranse as presentacións por parte dos titores/as e unha vez finalicen, comezarán as clases.

O servizo de autobuses estará dispoñible.

LISTAXES PROVISIONAIS DOS/AS ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-20.

Nos arquivos adxuntos poden consultar as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as do Fondo de Libros para o vindeiro curso escolar 19-20.

Os alumnos/as admitidos no fondo de libros que solicitaron os vales para a adquisición de material escolar xa poden pasar a recollelos (sempre e cando no aparezan na listaxe de excluídos das axudas para a adquisición de material escolar).

Os vales entregaranse ás persoas solicitantes ou titores legais dos alumnos/as.

NOTA INFORMATIVA SOBRE O HORARIO DO CENTRO NOS MESES DE XULLO E AGOSTO

 

 

Durante o mes de xullo o horario de atención ao público do centro será de 9.30 h a13.30h.

Durante o mes de agosto o centro permanecerá pechado; soamente se atenderán urxencias a traves do correo do centro. Para calquera consulta ou dúbida, pódese empregar o enderezo de email: ies.agra.raices@edu.xunta.es

 

 

 

 

COMIDA PROFESORADO

Dende o Agra queremos desexar a toda a comunidade educativa unhas boas vacacións de verán.

 

Non poderíamos rematar este curso sen agradecer a extraordinaria labor de todo o profesorado que formou parte do claustro, para elo organizouse un xantar delicioso. Aquí van algunhas fotos dos que poideron asistir.

 

PREMIOS MELLORES EXPEDIENTES 2018/2019

O pasado 25 de xuño, celebramos o acto de entrega de Premios aos Mellores Expedientes da ESO e 1º BACH, en recoñecemento ao mérito, o esforzo e a constancia duns alumnos e alumnas que demostraron ser brillantes ao longo de todo o curso.  Os premiados foron os seguintes:

1º ESO: Carla Martínez Castreje

2º ESO: Lucía López Ovies

3º ESO: Mateo Pérez Soto

4º ESO: Sabela Lema Riveiro

1º BACH: Andrea Rodríguez Mouzo

Tamén tivo lugar a entrega de diplomas aos participantes e gañadores no concurso de Lóxica e Matemática que se ven desenvolvendo ao longo de todo o curso.

Ao acto, presidido pola Directora Belén Pais e dirixido polo Vicedirector Miguel Blanco, asistíu en representación das firmas colaboradoras (ES. Bazarra, CC. Finisterrae, Fersi, Mestura, Ler e Cabo Sport) o xerente da E.S. Bazarra de Cee, D. Julio C. Domínguez.  A entrega de premios rematóu cunha actuación musical de música popular galega a cargo dos alumnos do centro Paula Vilela, Sara Sambad e Abel Vilela, que puxeron o punto e final ao curso cós seus arreglos para pandeireta e 3 voces de varios temas tradicionáis.

Parabéns a todos e boas vacacións!

Imaxe dos Mellores Expedientes acompañados da Directora e o Vicedirector

Os participantes e gañadores do Concurso de Lóxica e Matemática acompañados dos profesores Sergio Novoa e José Lago

Paula Vilela, Sara Sambad e Abel Vilela en plena actuación final

OS ALUMNOS DO RAÍCES EN RADIO NORDÉS

O xoves 23 de maio tivo lugar a visita aos estudos de Radio Nordés en Cee, de 4 alumnos e alumnos do Raíces para falar da súa experiencia na competición escolar de videoxogos EASports.  Foron acompañados polo profesor  D. Carlos Iglesias Candal do Departamento de Física e Química e coordinador da actividade no centro.

ACTO DE GRADUACIÓN 2019

O pasado venres 31 de maio, tivo lugar as 19h. no Auditorio Baldomeros Cores da Casa da Cultura de Cee, o Acto de Graduación 2019 do IES Agra de Raíces. Os alumnos de 2º de Bacharelato e os do Ciclo de Auxiliar de Enfermería, recibiron unha merecida homenaxe de toda a comunidade educativa, acompañados de profesores, familiares e amigos.  No acto tiveron lugar diversas actuacións musicais e de baile así como a correspondente entrega de diplomas aos alumnos graduados.  Grazas a todos os que contribuístes dalgunha forma ao bo desenvolvemento do mesmo e parabéns aos alumnos e alumnas.

 

 

Os alumnos e alumnas de Bacharelato

 

Os alumnos e alumas do CICLO

INSTRUCCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DA ABAU

A continuación tendes o enlace para revisar as instruccións  para a realización das probas da ABAU 2019.

 

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2019-20.

No DOG do día 20 de maio de 2019 publícase a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.

Prazo: remata o 21 de xuño de 2019 (incluído)

Para consultar a orde (co impreso de solicitude) pincha aquí.

PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE. ABAU - 2019

Alumnos/as QUE APROBARON 2º DE BACHARELATO.

Imprescindible solicitar antes o Titulo de Bacharelato.

PRAZO: 23, 24 e 27 de MAIO.

HORARIO: De 10:00 h. a 13:00 h.

LUGAR: Na secretaría do centro.

DOCUMENTACIÓN: Fotocopia do D.N.I., e libro de familia numerosa en vigor se é o caso.

TARIFAS: 63,67€ matrícula ordinaria; 31,84€ familia numerosa.

 

Encher o impreso e aboar as taxas en Abanca ou no Banco de Santander Central Hispano na conta que se indica.

Distribuir contido


by Dr. Radut