Skip to Content

Actividades, ANPA, Novas, Orientación, Abalar Móbil, Documentos, Xornadas de atención á diversidade, Información Familias Alumnado Novo

VIAXE DE INTERCAMBIO DE FRANCÉS COS ALUMNOS DE REDON

 

A semana pasada un grupo de alumnos e alumnas de 3º ESO e 1º Bach. do IES Agra de Raíces de Cee trasladáronse á cidade de Redon, debido a un intercambio que o centro de Cee mantén este curso co Lycée Saint-Sauveur de Redon na Bretaña francesa.  Estiveron do 3 ao 10 de abril, onde ademais de asistir á clase realizaron distintas actividades e saídas que lles permitiu coñecer cidades como Rennes ou Mont-Saint-Michel. A experiencia, que eles consideraron satisfactoria, permitiulles perfeccionar a lingua francesa.

Agora tócalles aos estudantes franceses coñecer Cee. Así pois, durante unha semana recibirán clases, asistirán a charlas e obradoiros e farán un percorrido pola Costa da Morte, ademais, de visitar cidades como Santiago, a Coruña ou Pontevedra.

 Na foto, os alumnos ceenses e bretóns no castelo de Saint-Michel na Bretaña Francesa.

 

 

SEMANA CULTURAL RAÍCES 2018

Do 9 ao 13 de abril, tivo lugar a Semana Cultural do noso centro, onde as alumnas e alumnos, profesoras e profesores, tiveron a oportunidade de realizar varias saídas didácticas, asistir a charla e obradoiros de diferentes temáticas, así como a proxeccións de películas e documentáis. Estas foron algunhas das actividades desenvoltas:

-Saída ao Dolmen de Dombate e o Castelo de Vimianzo para 1º ESO

-Saída a E.S. Bazarra para 1º ESO

-Saída ao conxunto histórico de Moraime y os secadoiros de congro de Muxía para 2º ESO.

-Saída á Casa da Cultura de Cee á representación teatral "Leonardo e os fontaneiros" para 1º e 2º ESO.

-Saida a Celanova para visitar o Mosteiro de S. Salvador, a Capela de S. Miguel, concerto didáctico có órgano histórico do mosteiro y visita á Casa dos Poetas para 3º ESO.

-Saida ao Teatro Colón de Coruña para asistir á representación da obra "Cráneos Privilexiados" para 2º e 3º ESO.

-Diversas charlas a cargo do CIM e da Policía autonómica sobre violencia de xénero, ciberviolencia de xénero, ciberbulling para ESO e Bacharelato.

-Charla da Garda Civil (SEPRONA) sobre a prevención de incendios e coidado do entorno natural e charla sobre o lobo na comarca de Francisco José Lema  para 1º ESO.

-Charlas da empresa DAFIT para 1º ESO e 1º BACH sobre iniciativas emprendedoras.

-Charla solidaria da Asociación Egueire para toda a ESO.

-Diversas conferencias literarias a cargo de autores galegos (Antía Yáñez, Hector Cajaraville, Xosé Lóis Ripalda, Miguel Anxo Fernández) para os diferentes nivéis.

-Diversas conferencias a cargo da USC para os alumnos de 1º BACH.

-Obradoiros de actividades deportivas con DAFIT para 1º ESO.

-Obradoiros sobre ciberviolencia de xénero, obradoiro de xornalismo e obradoiros científicos do CICA para 3º ESO.

-Obradoiro de Matemáticas Divertidas para toda a ESO.

-Obradoiros e charlas dos profesores/as e alumnos/as do CAE do centro aos alumnos da ESO.

-Instalación da Exposición “Cartas de Amor” sobre violencia de xénero no corredor da Biblioteca e obradoiro sobre a mesma para toda a ESO.

-Etc.

 

OS ALUMNOS DE 2º BACH DE PSICOLOXÍA E HISTORIA DA ARTE EN VIENA

O pasado mes de xaneiro, varios alumnos do noso centro das optativas de Psicoloxía e Hª da Arte tiveron a oportunidade de viaxar a Viena cos profesores Luis Dosal (Filosofía) e Pedro Márquez (Matemáticas), donde poideron disfrutar da cidade así como visitar o Museo Freud, o Museo das Matemáticas o a casa natal de Beethoven.  Gracias aos profesores pola súa labor e aos alumnos polo seu comportamento exemplar.

 

 

Procedemento de Reserva de Praza en centros adscritos e Solicitude de Admisión para o curso 2018/19

Xa está aberto o prazo de reserva de praza en centros adscritos que será do 1 ao 15 de febreiro. Polo tanto, o alumnado dos centros adscritos ao IES Agra de Raíces deberá efectuar entre estas datas a súa solicitude de reserva de praza no seu centro educativo de orixe, en calquera das administracións públicas que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro ou a través de SEDE ELECTRÓNICA (novidade neste curso).

Deberán entregar ademáis debidamente cumprimentado o documento de Prematrícula do noso centro que lle será facilitado no centro de orixe ou que poden tamén descargar dende aquí.

HORARIO DO DÍA 21 DE DECEMBRO E INFORMACIÓN DE CONTACTO DURANTE O NADAL

Informamos que o día 21 de decembro as clases rematarán as 12:05 horas e haberá transporte escolar axustado a este horario.

Durante as vacacións de nadal (22 de decembro - 7 de xaneiro) o centro permanecerá pechado. Para calquera consulta ou dúbida, pódese empregar o enderezo de email: ies.agra.raices@edu.xunta.es

THAT´S ENGLISH

Comunicámoslle a todos os interesados en matricularse no nivel Básico ou Medio do programa "That's English" que se imparte no noso centro que o prazo de matrícula será dende o 11 de setembro ata o 20 de outubro.

Tamén queremos  informarvos que a Proba VIA (ou proba de nivel) se vai realizar OnLine e os alumnos poderán facela ao longo de todo o período de matrícula. Así os alumnos poderán facer primeiro a proba VIA e unha vez que sepan o  curso (nivel) matricularse e facer o pago. Preme nos seguintes enlaces para máis información:

Proba VIA

Matrícula

Matrícula de setembro

Estas son as datas da entrega de notas e de matrícula de setembro

Fondo solidario de libros de texto curso 2017/18

Xa contamos ca listaxe provisional de admitidos e excluídos do fondo de libros de texto para o próximo curso. Os interesados poden preguntar vía telefónica ou achegarse ao centro para comprobar o seu estado.

 

Axudas para a adquisición do material escolar.

A partires do mércores 12 de xuño, as familias que solicitaron a axuda de material escolar poden achegarse ao centro, en horario de 9:30 a 13:00, para consultar a listaxe de admitidos e recoller o vale correspondente.

Distribuir contido


by Dr. Radut