O dia 27 de xaneiro, alumnado de Plástica, Debuxo Artístico e Coeducación para o século XXI participou en Carballo nun roteiro organizado polo Club de Letras do IES Agra de Raíces.
Derrubando muros con pintura é unha iniciativa de arte pública promovida polo Concello de Carballo que, desde 2013, pretende mellorar a imaxe da súa vila pintando paredes, muros, edificios e rexenerando espazos deteriorados.
Formando parte do proxecto, ao longo dunha semana na primavera, desde 2015, celébrase o Rexenera Fest, un festival cheo de actividades no que se convidan artistas que crean as súas obras de gran formato.
Para o proxecto de investigación no que está a traballar o alumnado, o Club de Letras elixiu un, dos dous roteiros propostos pola oficina de Turismo de Carballo, centrados en murais realizados por mulleres artistas ou de temática feminina.
Dan man de Maite Parga,fantástica guía local, o alumnado e profesorado acompañante descubriron as obras de Eva Facal, Iria Fabián, Nana, Susana Llorente, Samia Singh, Cinta Vidal, #BTOY, Rakele, Jorit, Millo, Bosoletti, SATR ou Hyuro.