Skip to Content

Semana do 25 de novembro

O noso centro continúa apostando pola educación en igualdade e pola concienciación da comunidade educativa da necesidade de loitar todos xuntos contra a violencia de xénero. Nesta liña, a semana do 25 de novembro foi académicamente programada cunha marcada liña neste senso:

  • O día 25 de novembro realizáronse as seguintes actividades/iniciativas:
    • Lectura de poemas por parte de alumnos e alumnas de 1ºBAC que cursan a materia de Coeducación para o século XXI. Poemas que resultaron escollidos por eles mesmos despois dun traballo de investigación sobre o banco de títulos que enchen a nosa biblioteca. 

    • Performance a cargo de alumnos de 1ºESO e 3ºESO en repulsa da violencia de xénero, no que repasaron todos os casos de violencia de xénero no vai de ano e prenderon sendas bolboreta de papel a un soporte de madeira. O seu berro final foi "deixame voar", como "voar", soñar e vivir libres e en igualdade deberían estar a facer todas as vitimas desta lacra.

    • Lectura, no centro primeiro e na Casa da Cultura despois, dun sentido e contundente manifesto escrito por algúns alumnos/as de 4ºESO que cursan a materia de Valores éticos. 

    •  Alumnos de 1ºESO baixaron á Casa da Cultura de Cee para asistir ao acto organizado polo concello e o CIM. Eles mesmos finaron dito acto coa interpretación dun RAP contra á violencia de xénero.  Compuxeron as rimas a semana previa durante a participación nun obradoiro de RAP pola igualdade.

    • Alumnos de varios cursos participaron nunha pegada de pancartas polo centro con lemas contra a violencia de xénero e en favor da igualdade. 
  • Parte da comunidade educativa acudiu vestida de negro durante a xornada do 25 de novembro.

  • Proxectamos, na televisión do recibidor do instituto ao longo da semana, vídeos,  vídeoclips de cancións e letras que invitan a involucrarse na loita contra a violencia de xénero e en favor da igualdade.
  • Temos, nos taboleiros do primeiro andar, unha exposición de fotos contra á violencia de xénero. Fotos que realizaron os alumnos que cursan as diferentes materias do departamento de Debuxo. 

  • O día 28 de novembro, os alumos de 4ºESO participaron nun obradoiro pola igualdade dirixido pola asociación Lilith.

Tede por seguro que o noso compromiso non remata aquí. Seguimos e seguiremos traballando para que as novas xeracións consigan que a sociedade do mañá estea libre da lacra da violencia de xénero e  sexa igualitaria.

Podedes ver aquí fotos da semana.



blog | by Dr. Radut