Skip to Content

Ciencia na rúa

08/05/2021
Atlantic/Bermuda

O pasado sábado 8 de maio o IES Agra do Orzán participou no Teatro Colón, xunto con outros 16 centros, no XXV Día da Ciencia: da Rúa ao Teatro. As/Os nosas/os pequenas/os científicas/os do Club de Ciencias levaron as seguintes experiencias: “Medidor de CO2”, “Gymkana Florence Nightingale”, “Obtención de Bioplásticos Empregando Fécula de Millo”, e “Esferificacións”; xunto coas profesoras coordinadoras destes proxectos Mª José Martínez Rey, Mª Ángel Martínez Rodríguez, Begoña Torreiro Anta e Ana Luz Vázquez Fernández. Felicitacións a todas/os elas/es polo ben que o fixeron.

 

 



story | by Dr. Radut