Os alvéolos pulmonares
Na imaxe podemos observar os sacos alveolares rodeados polos capilares sanguíneos.
Fases do intercambio gaseoso nos pulmóns:
1-Ata os sacos alveolares chega polos bronquiolos o aire osixenado.
2-A arteriola pulmonar leva o sangue con CO2 ata os alvéolos.
3-O CO2 pasa dos capilares sanguíneos aos alvéolos e o osíxeno dos alvéolos ao sangue.
4-O sangue osixenado vai para o corazón pola vénula pulmonar.
5-O aire con CO2 nos alvéolos é expulsado dos pulmóns.
__________________________________________________________
A imaxe mostra o intercambio gaseoso nun saco alveolar rodeado por un capilar sanguíneo.
O sangue chega do corazón ao alvéolo cargada de CO2. Intercámbiao por osíxeno e segue camiño ata o corazón, que o bombeará a todo o corpo.