As articulacións
Son o lugar no que se unen os ósos.
Témolas de tres clases:
- Fixas: os ósos unidos carecen de movementos. Ocurre cos ósos do cránio.
- Móbiles: os ósos únense entre sí pero permiten amplos movementos. No ombro (ombreiro), nos cóbados, nos xeonllos ou nocellos temos articulacións móbiles.
- Semimóbiles: os ósos ao unirse entre si, só permiten un pouco de movemento. O exemplo máis claro son as vértebras da columna vertebral.
Debuxa a ficha na túa libreta. Podes baixala ao teu equipo ou mesmo imprimila.
Sina e nomea os ósos que interveñen en cada articulación