Saltar navegación

A proposición inicial.

Unha proposta é unha idea ou unha suxestión que se presenta para que se acepte e dar a conformidade. O que propón agarda unha resposta pola nosa parte. Unha proposición ou proposta inicial para realizar un proxecto de investigación é a idea de partida que centra o problema que se pretende solucionar co proxecto. Pode ser unha idea máis vaga ou máis precisa. Pódese aportar dende fora ou, tamén, ser o resultado dunha busca intencionada pola nosa parte.

Sexa unha proposición externa ou un problema que nós mesmos atopamos, a proposta inicial formularase en forma de enunciado. Sobre este enunciado traballaremos na primeira fase de calquera proceso de investigación.