EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES E TAREFAS

Ademais da "Proposta de actividades xerais" que deixamos fai uns días, as titoras e titores de cada curso están facendo chegar ás familias, polos medios que temos ao noso alcance, unha serie de tarefas específicas para cada nivel: 

 

4º INFANTIL (3 ANOS) 

As titoras teñen a súa proposta de actividades nos seus blogues de aula: 

 

5º INFANTIL (4 ANOS)

O titores están facendo chegar ás familias que o soliciten a través dos seus correos electrónicos, a súa proposta de tarefas:

  • Ana: anabello@edu.xunta.es
  • Roge: rogelio.fernandez@edu.xunta.es

 

6º INFANTIL (5 ANOS)

As titoras están contactando con todas as familias, por diferentes medios, para achegar a súa proposta.

 

INGLÉS

A teacher Fidelina recomenda tratar de ter a televisión posta en canales de fala inglesa, non só en debuxos animados, tamén como música de fondo cando están xogando ou facendo manualidades. É moi beneficioso acostumar o oído a outra lingua diferente á lingua materna.

 

 

Recursos educativos para todo o alumnado de 3, 4 e 5 anos: cancións, xogos, contos... Para acceder a eles picade na imaxe. 

 

Material impreso para 5 anos que tamén está dispoñible nas librarías. Picando na imaxe tedes o material impreso do mes de abril e un novo, o do mes de maio.

 

 

 

IMPORTANTE: podedes consultar todos estos materiais, cando necesitedes, picando no lateral esquerdo desta páxina web, no apartado Departamentos- Inglés.

 

RELIXIÓN CATÓLICA

A profe Patri, ten un espazo con recursos e contidos no seu blogue: "O recuncho de reli".

 

Recordade que para calquera consulta ou dúbida, tedes a vosa disposición os correos electrónicos de todo o profesorado. Podedes acceder a eles clicando na seguinte icona