Skip to Content

Educando en valores

Viaxe ao Reino das Emocións 2020

O alumnado de máis idade da nosa escola, de 5 anos, empregou o xogo “Viaxe ao Reino das Emocións”, elaborado por parte da Fundación Meniños. Como podedes observar nas imaxes, existen diversas cartas como a da calma, de actividade, de expresión emocional, etc. Deste xeito, contribuimos a potenciar e mellorar a educación emocional das/os nosas pupilas/os.

 

Dragóns e bonecos!!

Neste caso, as nenas e os nenos de 4 anos levaron a cabo coas súas propias mans a elaboración de dragóns, aproveitando material de refugallo, en coherencia coa nosa idea de coidar do planeta. Ademais, crearon e pintaron bonecos ós que podes botar unha ollada! Tamén aprenderon unha canción que di así:

 

O dragón é máis grande ca un león

ten máis dentes, ten máis cola,

sáelle fume da cachola

 

O dragón, cal se fose enorme avión,

cruza o ceo, dá terror,

Como voa sen motor!

 

O dragón é amigo da dragoa,

e comparten no xantar,

a ración de pan de broa!

 

 

 

Chegaron os monstros!!!

Ó estarmos traballando a relevancia da educación emocional, o alumnado de 3 anos, aproveitando as caixas dos panos de papel, elaborou os seus propios monstros de diferentes cores, cada un representando unha emoción. Amais, tamén creamos monstros-folla, que tamén simbolizarían a tristeza, a alegría, o medo, o enfado e a sorpresa. Bota unha ollada ó traballo das/os nosas/os artistas!

Educar en valores

Deixamos eiquí este enlace a unha web onde hai unha relación de curtametraxes para nenos e nenas onde se traballan fundamentalmente a educación en valores. Merece moito a pena. PINCHA AQUÍ

 

3 de decembro- Día Internacional das persoas con discapacidade

2 DE ABRIL-DÍA INTERNACIONAL DO AUTISMO

XOGAMOS COA PAZ

Nos seguintes enlaces poderedes atopar xogos interactivos multimedia que vos permitirán traballar a paz cos nenos e nenas de EI.

Distribuir contido


by Dr. Radut