Skip to Content

Audición e Linguaxe

CANTANDO APRENDEMOS A FALAR!

Porque a linguaxe se aprende falando e practicando, unha canción dun conto que de seguro lles vai gustar.

XOGANDO PASAMOS O TEMPO MELLOR.

 

 

Queridas familias, agardando que todas esteades ben, aportar o meu gran de area, ofrecendo xogos e recursos para tentar facervos máis amena esta complicada tempada.

Partindo de que a linguaxe se aprende falando, hoxe vou propor varios xogos populares que seguramente coñecedes moi bos para traballar a linguaxe:

 

O XOGO DO “VEO-VEO”, ALGO QUE EMPEZA CON….

 Este xogo axuda a mellorar:

A linguaxe receptiva.

A linguaxe expresiva.

O razoamento dedutivo.

Maneiras de traballar con este xogo: Se queremos traballar a linguaxe receptiva (capacidade de escoita) podemos facer que @ nen@ sexa @ que elixa máis veces que o adiviñador.

Se pola contra queremos centrarnos na linguaxe expresiva (expresión oral) faremos que @ nen@ sexa @ que adiviñe máis veces que o que lle toca elixir. Pódenos ser útil para traballar categorías , elixir os elementos só por cor (Veo, veo algo que é azul) ou a forma (Veo, veo algo que é cadrado) ou función (Veo, veo algo que se utiliza para escribir) . Se o que queremos é traballar a fonética , describir os artigos polo son que empezan con: Veo, veo algo que empeza co son “f” .

Tamén é especialmente útil para traballar o vocabulario.

 

 

DA HABANA VEU UN BARCO CARGADO DE…

Este xogo consiste en engadir, un a un, unha lista de elementos seguindo unha orde ( animais, letras do alfabeto, comidas…) cada xogador debe lembrar as que xa se dixeron e engadir unha máis.

Pode ser útil para traballar:

A memoria.

O vocabulario.

A fonética.

Maneiras de traballar con este xogo: Para reforzar o vocabulario propoñer unha categoría e ir engadindo unha palabra máis cada vez. Pode ser interesante ter un apoio visual se a categoría resúltalle complicada.

Para reforzar a memoria: este xogo é especialmente interesante para traballala xa que @ nen@ ten que lembrar a lista de palabras que se foron dicindo.

Para traballar a fonética propoñer palabras que empecen polo son que queremos reforzar. Ideal para reforzar tamén a articulación escollendo a fonema para traballar.

 

 

TRABALINGUAS.

Os trabalinguas son moi interesantes para estimular a linguaxe. Con eles conseguimos reforzar:

A articulación.

A velocidade do fala.

O sentido do humor.

Maneiras de traballar cos trabalinguas:

Para reforzar a articulación, utilizar trabalinguas que teñan palabras cos fonemas que queremos que o alumno articule mellor.

Para reforzar a confianza: utilizar trabalinguas con fonemas especialmente fácil para o alumno. No que poida sentirse competente.

Utilizar ao principio trabalinguas moi sinxelos que o neno poida recitar sen problema.

 

 

ESTOU A PENSAR, A VER SE O ADIVIÑAS.

O xogo consiste en adiviñar o obxecto, animal, lugar... que estou a pensar.

 É unha animal? Non. É unha froita? Si,...

Con este xogo refórzase:

A linguaxe receptiva.

A linguaxe expresiva.

O razoamento dedutivo.

Maneiras de traballalo: Podemos utilizar unha folla para ir anotando tódalas pistas que nos van dando e así facilitar o atopar a resposta.

Para traballar a linguaxe expresiva facer que @ nen@ utilice unha frase completa para contestar, por exemplo; Non, non é un animal, en lugar de utilizar unicamente non.

Para potenciar a linguaxe expresiva facer unha variante na que non estea permitido dicir non ou si, neste caso @ nen@ terá que contestar cunha frase: “De que cor é a cousa? O que estou a pensar é de cor vermella”.

Para reforzar @s nen@s xogar sobre temas que @ motiven, por exemplo se lle encantan os coches, xogar a adiviñar marcas de coches, persoas que traballan con coches ou outras cousas relacionadas con coches. Por exemplo; Estou a pensar en algo que ten que ver cos coches…

Distribuir contido


by Dr. Radut