Como titoras dos vosos fillos/as querémosvos dar moitos ánimos, a vós pero especialmente aos vosos fillos/as. Estamos pasando por un momento moi difícil nas nosas vidas. Tócanos pedir unha vez máis a vosa colaboración para que os nenos/as non esquezan rutinas e hábitos adquiridos, recomendámosvos:
a) Que lles leades contos.
b) Que fagan puzzles, construcións...
c) Que modelen con plastilina.
d) Que coloreen, debuxen e escriban o seu nome.
e) Que xoguen todo o que podan.
f) Que lles permitades ser autónomos nas súas necesidades básicas(asearse, vestirse, comer...).
Só queremos volver canto antes á normalidade para vernos e poder estar xuntos.
Grazas
Uxía e RoCÍO