Skip to Content

ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA

 

Ola familias! desexamos que vos atopedes todos e todas ben!

Neste novo trimestre que comeza ímosvos  propoñer quincenalmente unha serie de recursos para repasar e reforzar contidos xa traballados durante este curso.

Poderedes atopar, nos enlaces que vos proporcionamos máis abaixo, distintos tipos de actividades e recursos como contos, cancións, manualidades, xogos...habendo ademáis a maiores unha actividade en concreto que, unha vez realizada, nos gustaría que nos mandasedes, no formato que prefirades (word, pdf, jpg...) ós nosos correos electrónicos:

cmsalgado@edu.xunta.es (Candi)

luciaescalera@edu.xunta.es (Lucía)

Esta actividade quincenal deberá ser enviada antes da data límite especificada na mesma.

Dicirvos por último que imos facer un seguimento de ditasactividades durante este trimestre e de igual modo seguímosvos invitando a que participedes nas actividades xerais do colexio como ata o de agora.

Unha aperta moi grande das vosas profes que vos botan moito de menos!

1. O LIBRO DOS RECORDOS. (Actividade para enviar por correo electrónico antes do 22 de maio)

 Como ben sabedes, Librín é un amante dos libros e como, por mor do coronavirus , tivo que pechar a biblioteca e non podemos compartilos con vos, Librín proponnos que fagamos un, pero non un calquera, será o LIBRO DOS RECORDOS, onde os protagonistas seredes cada un de vós:

- Primeiramente, xuntos coas vosas nais e/ou vosos pais, ou de maneira independente, podedes elaborar unha lista, escribindo os nomes das nenas e nenos da vosa clase e as vosas mestras/es. Os integrantes dese lista serán os protagonistas. 

- Cada día realizaredes unha páxina do libro: nun folio poñeredes de título un nome dun membro da vosa clase ( compañeiro/a, mestre/a ou ti mesma/o), faredes un debuxo del ou dela e escribiredes unha palabra ou frase en positivo que o/a caracterice ( exemplo: a profe Candi é moi simpática). Poderedes escribir a frase ou palabra de maneira autónoma ou ben solicitando axuda doutra persoa.

- Cando rematedes de realizar todas as páxinas do libro tan só vos quedará facer unha portada que o represente e grapala ou pegala.

2. COMPRENDEMOS OS SISTEMAS DE ESCRITURA NO DESENVOLVEMENTO DO/A NENO/A.

Para traballar cos nenos e nenas a lectoescritura é interesante que botedes un vistazo ós sistemas de escritura no desenvolvemento dos nenos e nenas que propoñen Emilia Ferreiro e Ana Taberosky.

https://www.slideshare.net/evaeinfantil/apropiacin-del-cdigo-escrito

3. O ROCK DAS EMOCIÓNS 


4. RESPIRAMOS


5. FACEMOS PLASTI!!


6. CONTAMOS, CONTAMOS E CONTAMOS

É  moi importante contar e contar elementos dispostos de forma diferente. Podemos contar figuras, pinzas, macarróns, pedras, lentellas, tapóns, rotuladores...

Os pais, nais, avós, avoas, irmáns maiores...poñerán os elementos a contar en disposicións diferentes: en liña recta, en círculo, en cruz e de forma desordeada, poderemos comezar con poucas cantidades e ir engadindo segundo vaiamos observando que o neno ou nena controla.

 

Outra actividade a realizar pode ser a seguinte:

Podemos escribir os números nuns paus de madeira ou noutros soportes que poidades ter pola casa( rolos de papel, palliñas...) e logo colocar tantas gomas como manda o número.

Tamén podedes xogar á inversa: o adulto dálle a volta ós paus ( de forma que non se vexa o número)pon as gomas e o/a neno/a terá que contalas. Cando remate, o/a neno/a xirará o pau para comprobar si as gomas contadas se corresponden co número.

7. LEMOS OS CONTOS DAS PROFES E DO PROFE DO COLE!

Por se algún de vós ainda non veu os contos que elaboramos as profes e o profe do cole, quedades invitados a velos no seguinte enlace:

http://bibliotecalibrin.blogspot.com/

 

 

 



blog | by Dr. Radut