Skip to Content

Mamá, de maior quero ser... ¡Artista!

Estas son as palabras que nos deixa a familia de Mariña de 5º B, no enderezo electrónico:

A Mariña encántalle debuxar, pintar... e nestes días está creando moitísimas obras de arte. No cuarto dos xoguetes, no seu pequeno pupitre e cos seus rotus é feliz… quere compartir con vós a chegada da primavera, o retrato de Draco, o protagonista dese conto que coñecedes todos/as "Viaxe ao reino das emocións" e a ilustración de Sal e Sol (limacha e caracol) na praia de Covas, protagonistas da nosa curta Buscando o Norte.

 

Outra das aficións de Mariña e bailar e cantar, a verdade é que lle ven de familia, así que tamén quere compartir con vós a canción da curta, do músico Iván Vale, onde canta coa súa mama. Aquí vos deixamos o audio para que o escoitedes (PICHA AQUÍ).

 

 



story | by Dr. Radut