Skip to Content

INFORMACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO 2023-2024

 

          1.-Os alumnos/as matriculados neste centro non teñen que facer reserva de matrícula de cara ao vindeiro curso escolar, estarán matriculados automaticamente.

          2.- O alumnado de novo ingreso só pode presentar unha única solicitude e farase no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento deste punto determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

       Dita solicitude terá que vir asinada polos dous proxenitores.

3.- Chegado o caso de ter que aplicar o baremo ( número de solicitudes presentadas superior ao de prazas ofertadas polo centro), abrirase un prazo de 10 días hábiles contados a partir do día 23 de marzo para achegar, de forma presencial, a documentación xustificativa dos criterios de baremo:

 . Consultarase de forma automática (salvo oposición expresa que conste na solicitude) e non será necesario acreditar:

  - Domicilio fiscal e renda percápita da unidade familiar.

   - Condición de familia numerosa.

  - Discapacidade do alumnado, proxenitores, titores ou irmáns, recoñecida pola Xunta de Galicia.

  . Familia monoparental. Enténdese como tal a composta por un único proxenitor ou proxenitora, que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal, e  os fillos ou fillas menores ao seu cargo, sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa económicamente ao seu sustento.

Para a valoración deste criterio a persoa interesada terá que presentar a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas.

 . O criterio complementario aprobado polo Consello Escolar do centro é:

Que ámbolos dous proxenitores ou titores legais teñan responsabilidades laborais, o que terán que acreditar documentalmente”.

           4.- As listaxes provisionais  có alumnado admitido e o non admitido publicaranse o día 23 de abril.

O prazo para formular reclamacións será de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das listaxes.

5.- As listases definitivas publicaranse o día 14 de maio.

6.- Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

7.- Área de influencia do centro: Consultar mapa no taboleiro da entrada do centro.

           8.- Os servizos Complementarios que oferta o centro son:     

                . Servizo de transporte.

                . Servizo de comedor.

                . Servizo de madrugadores.

 

       O alumnado que queira trasladarse do noso centro a outro, terá que:

     - Solicitar en Secretaría un Certificado de Matrícula que entregará no Centro ao que queira trasladarse.

     - Presentar a solicitude de admisión xunto có Certificado de matrícula no centro novo no que desexe matricularse.



story | by Dr. Radut