Aberto o prazo de SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA para
as/os alumnas/os de 6º de Infantil que vaian o vindeiro curso
para o CEP LOIS TOBÍO, centro ao que estamos adscritos.
Podese facer de varios xeitos:
- Cubrir o formulario, que se pode descargar nos arquivos adxuntos, e traelo ao centro.
- Acceder á aplicación Admisión alumnado, a través do menú: Solicitudes - Reserva - Crear.
Si se escolle esta opción podese:
. Imprimir o formulario e traelo ao centro.
. Presentalo na Sede electrónica a través da aplicación , se dispoñen de Certificado dixital ou Chave 365.
DATA LÍMITE: 8 DE FEBREIRO DE 2022.
Para entregar os impresos no centro,
terase que solicitar cita chamando
ao teléfono 982 870 957, de 10:00 a 11:00.
O alumnado que non vaia, o vindeiro curso ao Lois Tobío, terá que presentar a Solicitude de admisión (que poderán solicitar no centro no que queiran obter praza ou acceder a ela através de Admisión alumnado) do 1 ao 20 de marzo.
En calquera dos dous casos haberá que formalizar a matrícula no mes de xuño.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMPRESO GALEGO.pdf | 1.33 MB |
IMPRESO CASTELÁN.pdf | 1.33 MB |