Skip to Content

Cantámoslle ó Maio

 Recopilamos a canción popularizada do Maio para cantala a nivel de grupo-clase e logo todos xuntos na festa dos Maios.

 

O MAIO NO SAN ROQUE

 

Maio, maio entra de Crego

 

non revolva-lo tempo,

 

por xura-lo maio, maio

 

na crus da Mariña.

 

Diñeiros imos pedir

 

desde Abril;

 

castañas vimos buscar

 

desde Nadal.

 

Boténno-lo maio

 

señores caballeros,

 

si non teñen maio

 

bótennos diñeiros.

 

Anxeliños somos

 

e d'o ceo vimos

 

peto traemos

 

diñeiro pedimos.

 

Ehí ven o maio

 

pola calle abaixo

 

ehí ven o maio

 

de roba-lo tirabaixo.

 

Ehí ven o maio

 

pola pescadería

 

ehí ven o maio

 

comendo pan e sardiña.

 

Ehí ven o maio

 

pola calle do sol

 

ehí ven o maio

 

de rouba-lo valedor.

 

Entre maio e abril

 

sae o cuco do cubil

 

entre maio e xaneiro

 

sae o cuco do palleiro(falado).

 

A sardiña podre

 

o pan valorento

 

bótenno-lo maio

 

non sexa famento(deitarse).

 

Boten maiolas señor capitán

 

boten maiolas na hucha do pan

 

boten, boten maioliñas

 

boten, boten nas huchiñas

 

(falado).

 

Érguete maio

 

que moito durmiches

 

que pasou o cuco

 

e ti non o viches.

 

Érguete maio

 

que tanto durmiches

 

que pasou o inverno

 

e ti non o viches.

 

Somos do San Roque

 

celebrámo-lo maio

 

os nenos e nenas

 

estamos cantando.

 

Gústanno-las festas

 

gústanno-las frores

 

no mes de maio

 

 

vestimos de cores.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut