O 30 de novembro celebraremos o Samaín, festa de orixe celta que nesta ocasión se centrará nas ARAÑAS. As actividades propostas para este mes do medo son: ambientación da entrada do cole coas arañas que realizarán os nenos/as coa súa familia, utilizando diferentes materiais; obradoiro de arañas no espazo creativo; lectura de contos de medo; cancións do medo...
Ese día poderedes vir vestidos con atuendos propios desta festa para dar moito medo e preparar coas vosas familias algunha merenda especial do Samaín. Tamén quedan convidados os vosos familiares para acompañarnos nesta festa do medo, lembrádelles que tamén poden vir vestidos e bailar con nós ao ritmo desta canción. Mirade, mirade...
Para xogar un anaco aquí vos deixamos uns xogos:
SOPA DE LETRAS( https://learningapps.org/14696713 )
XOGO DE PARELLAS( https://learningapps.org/27115547 )
MEMORY( https://learningapps.org/14561146 )
EMPARELLA AS IMAXES( https://learningapps.org/14567244 )
CADA OVELLA COA SÚA PARELLA( https://learningapps.org/14576165 )
ADIVIÑA, ADIVIÑANZA( https://learningapps.org/21879667 )
Canto aprendimos e que ben o pasamos...