Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2024

17 de maio conmemórase o día das Letras Galegas, este ano a autora  homenaxeada é  Luísa Villata.Naceu na Coruña o 15 de xullo de 1957, foi profesora de Lingua e Literatura en varios institutos da súa cidade e como titulada en violín formou parte da Orquetra Sinfónica de Santiago de Compostela e da Xove Orquestra de Galicia, así como de Escaino, un grupo de folk instrumental. Desenvolveu unha intensa actividade cultural, foi autora de obras de teatro, narrativa e ensaio, porén, a poesía foi a súa faceta máis coñecida. Faleceu na Coruña o 4 de marzo de 2004 aos 46 anos de idade.

A través destes enlaces do Seminario Galán adentrarémonos na vida e obra de Luísa Villalta:

VÍDEO BIOGRAFÍA LUÍSA VILLALTA

O XOGO DOS BIRLOS

LUÍSA VILLALTA EN DEZ PREGUNTAS

Actividades para imprimir:    4º EI , 5º EI e 6ºEI .

A continuación podedes escoitar tres textos de Luísa Villalta, da súa obra As palabras ingrávidas, unidos nunha canción musicada e interpretada pola Banda da Loba,  na compaña de Tomé Mouriño.

Podedes descargar a letra da canción nos documentos adxuntos.

 

 

AdxuntoTamaño
CRUEL FILOSOFÍA.pdf113.16 KB


page | by Dr. Radut