Nesta semana estamos a celebrar o día escolar da Paz e a non Viloencia, a través dun montón de actividades cargadas de igualdade e tolerencia:
-Coa colaboración da equipa da biblioteca xa podemos disfrutar nas pizarras dixitais das aulas, cun conto moi especial: O rei que bordaba estrelas.
Podedes disfrutar del sempre que queirades a través deste enlace.
https://youtu.be/QCpuMhhR1bk
As nenas e nenos de 4 anos partindo deste fermoso conto,están a facer un taller de cosido de estrelas (dentro do noso proxecto "VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É " seguindo o CAMIÑO DO MAR neste Xacobeo 2021-22 que está cheo de ESTRELAS).
O alumnado de tres anos realizou un mural da portada do conto coa imaxe do rei, que colocamos na árbore da entrada da nosa escola, xunto ás estrelas bordadas.
Os nenos e nenas de tres e catro anos fixeron unha fermosa actividade plástica sobre a nosa cantiga "Todos queremos paz".
Ademáis da celebración da Paz queremos lembrarnos tamén do DÍA DA ILUSTRACIÓN e para festexalo, as alumnas e alumnos de 5 anos realizaron a través do kamishibai, unha adaptación do conto Negros e brancos que Librín deixou na CITA A CEGAS,
Aquí tedes o enlace.
Noraboa a todos, estades feitos uns campeóns!!