As nenas e os nenos de 5º curso elaboraron marmelada de amorodos!!! A continuación, explicámosche os principais pasos que seguimos, e que ti tamén podes seguir no caso de que desexes facela! Bota unha ollada tamén ás nosas instantáneas!
Pasos a seguir:
1.FOMOS Á HORTA MANCOMUNADA PARA RECOLLER OS AMORODOS
2.QUITÁMOSLLES O PEDÍCULO
3.ANTES DE COMEZAR A FROITA DEBES LAVAR!
4.PICAMOS OS AMORODOS
5.MACHUCAMOS OS AMORODOS
6.POÑEMOS A MARMELADA NO LUME A FOGO LENTO E DEIXÁMOLA FERVER UN POUQUIÑO.
7.GARDAMOS A MARMELADA NUN TARRO DE CRISTAL E DEIXÁMOLA ENFRIAR. PARA QUE VOS DURE MÁIS, PODEDES POÑELA AO BAÑO MARÍA.
8.DEGUSTAMOS A MARMELADA. ESTABA BOÍSIMA!!