Os tesouros de Tontón

MUDÁMONOS DE BLOG

Queridas familias, mudámonos de blog.

A partir de este momento manterémosvos informados na seguinte dirección:

https://ostesourosdetonton.blogspot.com/

Podedes acceder directamente dende a páxina web do cole pinchando na imaxe:

ENQUISA PARA AS FAMILIAS

Bos días familias! Queremos pedirvos a vosa colaboración para recadar datos acerca dos hábitos de lectura familiares e a vosa opinión sobre a biblioteca.

Somos conscientes de que desde a apertura da nova biblioteca só pasaron 6 semanas ata a cancelación das clases (co Entroido polo medio), polo que non houbo moito tempo para poder desfrutala nin para realizar todas as actividades que tiñamos planificadas.

A biblioteca segue "en reformas" que quedaron paralizadas con este contratempo, pero hai moitas melloras previstas. A vosa opinión é moi importante para seguir mellorando!

Gracias polo voso tempo!

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Encantáronnos todas as fotos que nos mandastes invitándonos a viaxar con vos polos vosos contos favoritos.

Gústanos moito comprobar que nestes momentos os libros forman unha parte importante dos vosos días xa que, aínda que non poidamos saír da casa, estes axúdannos a vivir aventuras e a chegar a lugares incribles dende o noso propio cuarto.

Na aula virtual tedes un vídeo con todas as fotos dos compañeiros para que poidades viaxar con eles aos seus contos favoritos.

Moitas gracias a todos os que participastes e non vos esquezades... seguide lendo!

DÍA DA MULLER

Este luns 9 de marzo, co motivo do día da muller, tivemos o contacontos de "O libro dos Porcos".

Cantos de nós axudamos nas tarefas da casa? Homes e mulleres, maiores e pequen@s. Todos temos que colaborar!

CATEGORÍAS

Estas son as categroías que podedes atopar na biblioteca:

INAUGURACIÓN

Hoxe pola mañá recibimos unha misteriosa carta. Era do Dragón Tontón contándonos que a nova biblioteca xa está aberta!

Entre todos axudamos a ordenar os libros que algún duende xoguetón deixou fóra do seu sitio. 

Agora todo está en orde e podemos comezar!

 

BENVIDOS Á NOSA BIBLIO!

Como sabedes, levamos tempo traballando na creación dunha biblioteca moderna e aberta a todos os membros da comunidade educativa. Este proceso leva tempo e aínda non está rematado, pero pensamos que xa temos o suficiente para que poidades desfrutar dela.

A partir deste momento as familias poderedes vir cos nenos polas tardes para beneficiarvos do préstamo, aínda que seguimos en proceso de transformación. 

O horario de atención será o seguinte:

Martes: 15:30-16:30

Mércores: 16:15-17:30

O venres 31 de xaneiro mandarémosvos os carnés que necesitaredes para poder levar libros para a casa.

Agardamos que este sexa un espazo vivo e dinámico ao servizo da comunidade, e para iso é necesaria a colaboración de todos coa participación nas actividades propostas e co coidado dos libros e demais materiais da biblioteca.

Estade atentos a este espazo, xa que a través del iremos publicando novidades.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer